Gozas contando historias? Es quen mellor resume un acontecemento? Pois proba a participar na 21.ª edición do concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, que organiza La Voz de Galicia a través do seu programa educativo, Prensa-Escuela. Tes ata o 30 de abril para participar e podes gañar tabletas, cámaras de fotos ou mesmo un ordenador portátil. Podes consultar as bases, que as temos tanto en galego como en castelán, porque podes usar calquera das dúas linguas.
Este ano hai catro categorías, como sempre, e en cada una se pide unha cousa diferente. Pero ademais temos unha nova categoría, que é a de presentación. Non é realmente una categoría como tal senón que o xurado pode facer un recoñecemento a algún traballo que sexa especialmente chamativo ou interesante en canto á presentación, xa que dende o ano pasado non hai plantillas para presentar o traballo.
Os traballos hai que envialos por correo postal ou (no caso de ESO, FP e bacherelato) electrónico (prensa-escuela@lavoz.es, indicando no asunto «Premio Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil») a:
Premio Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil
Programa Prensa-Escuela. La Voz de Galicia
Avenida da Prensa, 84-85
Polígono industrial de Sabón
15143 Arteixo. A Coruña
Todos os traballos teñen que indicar nome e apelidos do alumno, idade, curso, nome e dirección e localidade do centro educativo, e nome e apelidos e teléfono ou correo electrónico do profesor que supervisa o traballo.
MELLOR XORNALISTA INFANTIL
A. Alumnos de educación infantil, primeiro e segundo de primaria.
Deberán realizar un debuxo que ilustre unha noticia publicada no xornal e copiar ou pegar o titular da noticia. O debuxo realizarase a man nun folio de tamaño A4.
B. Alumnos de terceiro, cuarto, quinto, sexto de primaria e educación especial.
Deberán seleccionar unha noticia do xornal e escribila libremente, á súa maneira -sen copiala textualmente-, e ilustrala cun debuxo. A
redacción da noticia non pode pasar de 100 palabras e realizarase ben a man nun folio A4, ou ben directamente no computador nun documento en formato word. O debuxo que ilustrará a información realizarase a man sobre o folio ou documento impreso.
MELLOR XORNALISTA XUVENIL
A. Alumnos de educación secundaria (ESO)
Realizarán un traballo orixinal, de forma individual, que deberá consistir nunha entrevista a unha persoa que o alumno considere de interese. Constará, como mínimo, de sete preguntas e irá acompañada dunha fotografía e do perfil do entrevistado.
A entrevista deberá ter estes elementos:
- Nome e primeiro apelido do entrevistado, e a súa profesión ou ocupación
- Titular
- Fotografía do entrevistado
- Perfil do entrevistado: como máximo serán 70 palabras
- Polo menos 7 preguntas coas súas respectivas respostas. Como máximo serán 400 palabras
A. Alumnos de FP e bacharelato
Os participantes realizarán un traballo orixinal, de forma individual, que deberá consistir na redacción dun artigo de opinión sobre un tema de libre elección.
O artigo de opinión debe ter estes elementos:
- Titular
- Sinatura
- Texto de, como máximo, 400 palabras



