Viaqua

Dirección:
Rúa do Vilar, 18 – 2º
15705 – Santiago de Compostela

viaqua.gal

Información general

ViAQUA é unha empresa do sector do medio ambiente que xestiona todos os
procesos relacionados co ciclo integral da auga en Galicia (España). Cunha
longa presenza en Galicia, 47 anos, somos coñecedores das particularidades
da auga do noso territorio. Estamos presentes en 48 municipios das catro
provincias e satisfacemos as necesidades de máis de 765.000 galegos.

O modelo ViAQUA está baseado na excelencia do servizo, na experiencia e na
xeración de valor. Traballamos sempre pola consecución dos máximos
estándares de calidade na prestación de servizos aos nosos clientes: fogares,
empresas, institucións e administración. Unha fortaleza fundamentada, tamén,
na constante innovación tecnolóxica e no uso sostible dos recursos de auga
dispoñibles.

Esta xestión sostible, que permítenos ofrecer aos nosos clientes un
compromiso de servizo baseado na garantía de calidade e o respecto
ambiental. Cada vez que abres a billa da túa casa, os profesionais de Viaqua
achegamos todo o coñecemento e a innovación ás diferentes etapas do ciclo
urbano da auga.

VIAQUA é unha empresa responsable que xestiona o ciclo integral da auga cun
marcado carácter ambiental. A nosa materia prima é a auga, un recurso natural
moi apreciado. Por iso, aplicamos condutas ambientalmente responsables
e eficientes durante todo o proceso de produción da auga. Unicamente sendo
coherentes poderemos contribuír ao mantemento do equilibrio ecolóxico co
medio natural e o desenvolvemento sostible.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies