Olga Suárez

Dende que o pasado xaneiro se decidira prohibir os telefónos móbiles dos centros educativos, saíron moitas iniciativas coas que os institutos buscan que os rapaces atopen outras formas de entretemento máis aló dos dispositivos dixitais. A última chéganos dende o IES Sanxillao de Lúgo, aínda que non é nova para eles: este instituto leva dous anos desenvolvindo un taller de artesanía en coiro que cada vez conta con máis participantes. Impartido pola profesora de Lingua Castelá e Literatura, Ruth Fernández, trátase dunha cita obrigada no recreo,  tempo no que o alumnado da ESO asiste de xeito fiel para facer distintos traballos con coiro de curtido vexetal, con poldro de cor natural e tamén con pel tinguida de distintas cores.

A profesora organizadora explica que esta actividade ten como obxectivo «dar cabida a todo o alumnado que busca alternativas ao fútbol ou que precisa un espazo compartido no que atopar xente semellante, coas mesmas afinidades, con inguietudes parecidas; trátase dun espazo de inclusión», resume. 

O taller, cincibido baixo o lema «Pensamos coas mans», púxoo en marcha a docente o curso pasado e, tras a demanda amosada por parte do alumnado que quería continuar, seguiron neste curso alumnos dende primeiro ata carto de secundaris. «E terá continuidade no futuro porque hai moitos interesados», destaca a docente. 

O deseño de distintas pezas empregando este material está a dar grandes resultados: dende as carteiras, os chaveiros e os estoxos, cos que se inician os alumnos que se van sumando ó obradoiro, ata as axendas e os bolsos feitos a man coa pel curtida de poldro e de vaca que están a facer as alumnas que comezaron no taller o curso anterior. «Detrás de cada peza de artesanía escóndense moitas horas de traballo e de evasión, convertíndose nun magnífico entretemento, nunha relaxante actividade, aínda que os golpes de martelo e o son do sacabocados se mesturen coa tranquilidade da costura e do debuxo dos patróns», explica Ruth Fernández. 

Ela achegouse a esta afección na súa etapa universitaria, participando nun taller de coiro cun artesán da urbe amurallada, facendo inicialmente un chaveiro e un moedeiro. Anos despois, volveu tomar contacto coa actividade da man doutra artesá de Pontevedra. «Foron só uns meses, pero o gusto pola actividade seguiu coa mesma paixón que no primeiro contacto co coiro». E co desexo de transmitir ese gusto pola artesanía a todo o alumnado que o quixese de xeito altruísta -e sacrificando tempo libre para dedicárllelo os rapaces que desexasen aprender e desfrutar no proceso-, naceu o taller de artesanía no instituto Sanxillao. 

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies