A Xunta recoñece por primeira vez os mellores proxectos de investigación realizados polos centros educativos no marco do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, StemBach, unha iniciativa que ten como finalidade impulsar a formación STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) e as habilidades científico-tecnolóxicas, en especial no
tratamento de datos e na incorporación da intelixencia artificial á sociedade, así como
fomentar as vocacións neste eido entre os máis novos.

Escolleu os 9 mellores proxectos dos 61 desenvoltos, e despois finalmente seleccionáronse os tres mellores proxectos de investigación.

Os gañadores son o IES Eusebio da Guarda da Coruña co proxecto Novas dianas terapéuticas para o tratamento da artroses: un modelo con algas mariñas, realizado por Natalia Gómez e Ha Nul Kim; o IES Rosalía de Castro (Santiago) con Influencia das condicións meteorolóxicas na cantidade de raios cósmicos detectados na superficie, feito por Belén Carla Merino Pazos, e Tipo de redes neuronais: fundamentos teóricos e aplicacións,
traballo de Aroa Álvarez, Andrea Dapena, Natalia Fernández e Alba Quintas, alumnas do
IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)

As premiadas, todas mulleres, irán de viaxe á feira SciFest de Dublín, en Irlanda.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies