JESÚS GARRIDO
O 23 de abril, é necesario festexar directamente o libro. Así como soa: todos os libros, que son algo así como unha criatura que leva firma e data de nacemento. E, se merecen o agrado dos seus lectores, teñen a sorte de volver nacer cada vez que logran unha nova edición.

LIBROS CLAVE

Hai tres libros claves do Programa Prensa-Escuela. Aí seguen desde que saíron do prelo. Telos no rexistro do sistema Prensa-Escuela: Guía do profesor A. A noticia, Guía do profesor B. O xornal e Guía do profesor D. Orientación educativa, xunto co Libro de estilo de La Voz de Galicia, unha axuda para resolver dúbidas de redacción con axilidade).

Por suposto, é lóxico e obrigatorio lembrar neste Día do Libro que La Voz de la Escuela vai máis aló do seu contido concreto de cada semana. Uns días presenta unha noticia ou un tema que coincide coa programación concreta dese día ou semana na túa clase, pero outros días non. O sistema do Programa Prensa-Escuela, xa que logo, vai moito máis alá do que aparece concretamente ese día no suplemento dos mércores. E dos libros editados que serven de consulta.

Amplía, xa que logo, a túa información e conecta con outras actividades visitando: www.prensaescuela.es

CAIXAS DE ZAPATOS

Presentamos unha nova e dinámica idea: a das seis caixas de zapatos. Sorpréndete, pero así o escriben desde un colexio: «Eliximos seis caixas de zapatos e en cada unha botamos papeletas con ideas sobre actividades para facer na nosa clase para mellorar a dinámica e estudo das noticias». Isto é só un exemplo.

Cantas materias temos?, seis, por exemplo? Pois seis caixas de zapatos, ou menos se vemos que non todas as materias se prestan para discutir noticias sobre os seus temas.

Sae unha noticia desa área no xornal? Pois a escribimos brevemente, ou a recortamos, que é máis rápido, e escribímola como posible actividade en clase. E así durante dúas semanas. Despois, cada semana.

Segundo avanzamos, lemos as papeletas e vemos como vai a cousa a primeira semana e tamén a segunda. Só discutimos e falamos un pouco sobre as actividades que escribimos, se valen ou non valen e por que. Pero cremos que é mellor así e non comprometernos en lanzarnos, por se logo non se pode ou non sabemos ben como facelo.

«A segunda semana escribimos menos actividades e o profe ameazaba: “Calquera día ides ter que facer o que ides escribindo…”». Coidado, pois!

Niso andamos. E, o vindeiro luns, eliximos tarefa: talvez, unha por materia… e xa vai ben! Pobre da noticia que caia nas miñas mans…! A por ela!

Nota: o texto elixido comunica unha noticia real.

TBILISI 2021

A directora xeral da Unesco, Audrey Azoulay, nomeou a Tbilisi (capital de Xeorxia) Capital Mundial do Libro do ano 2021, seguindo a recomendación do Comité Consultivo para a Capital Mundial do Libro, que se reuniu en Suíza en xuño do 2019.

O programa proposto por Tbilisi, cuxo lema é «OK, entón o teu próximo libro é…?», céntrase no uso de tecnoloxías modernas como ferramentas poderosas para promover a lectura entre os mozos. O programa inclúe varias actividades importantes, a grande escala e sostibles. Entre os eventos e actividades haberá bibliotecas e un festival do libro infantil, un proxecto dixital de última xeración para transformar libros en xogos e a reconstrución da primeira editorial xeorxiana.

Deseñado especificamente para nenos, novos e lectores que teñen acceso limitado aos libros, o programa de actividades centrarase na innovación. O obxectivo principal da cidade é popularizar a lectura e aumentar a accesibilidade aos libros para toda a sociedade.

O ano de celebracións comezará o 23 de abril de 2021, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies