C.M / M. P. V.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, tamén coñecidos como a Axenda 2030. Esa foi a temática escollida polos alumnos de 1.º D de ESO do IES Rosalía de Castro de Santiago para participar no concurso Xornalismo na Escola, organizado por La Voz de Galicia e Ence. «Quería que vexan a importancia da proximidade», adianta o seu profesor de Lingua Galega e Literatura, Eduard Velasco. E así foi. Os 23 alumnos dividíronse en grupos para abordar esas 17 metas das Nacións Unidas e contactaron con fontes da súa contorna. «Eu puiden guialos un pouco, pero eles mesmos buscaron fontes, contactaron con elas, prepararon as entrevistas e encargáronse de gravalas», explica o mestre. Recoñece que a clase aprendeu moito sobre cómo se exerce o xornalismo, pero que el tamén. «Foi unha experiencia moi bonita». Agora presentan un deses traballos, unha reportaxe sobre ecoloxismo que ten como protagonista a Elvira Cienfuegos, catedrática e divulgadora.

 

Soidade non desexada

«Aprendieron a escuchar». Así de importante é a ensinanza que Susana Cabanas, profesora do CPR Cruz Roja, da Coruña, cre que obtiveron as súas alumnas do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia da súa participación en Xornalismo na Escola. Neste centro traballan coa prensa na aula e desta volta quixeron converterse en xornalistas. «Era una manera de sacarlos del puro currículo, al tiempo que se unían entre ellos haciendo el trabajo», explica Cabanas.

O grupo de primeiro curso do ciclo fixo varias propostas de tema, todas impregnadas do carácter social que atravesa os estudos deste CPR. A charla dunha traballadora social púxoos sobre a pista do programa Antenas, da Cruz Vermella, e levounos a poñer o foco sobre a soidade non desexada e o xeito de combatela.

Catro alumnas desenvolveron o traballo. Acudiron a unha das farmacias que colaboran na iniciativa para coñecela máis a fondo e poder explicar qué move aos participantes. Pero o máis emocionante, di a profesora, foi entrevistar a María, unha das usuarias. «Aprendieron algo que será muy importante en su trabajo: cómo comunicarse con una persona mayor, y cómo detectar pinceladas en su forma de hablar, logrando que llegara a compartir algo tan sensible como su sensación de soledad. Y vieron que su futuro trabajo tiene una vertiente humanitaria y social».

IES Rosalía de Castro (Santiago)

Como pode unha cidade apostar pola defensa do medio ambiente? Son varios os obxectivos de desenvolvemento sostible que se poderían enmarcar nesta temática e, para achegalos á súa zona, catro rapaces de 1.º D da ESO do IES Rosalía de Castro de Santiago puxéronse a buscar unha fonte que lles puidese falar sobre este tema.

O seu profesor de Lingua Galega e Literatura, Eduard Velasco, conta que o grupo entrevistou a Elvira Cienfuegos, divulgadora de ecoloxismo e catedrática de Bioloxía e Xeoloxía que, ademais, foi concelleira na cidade. Ela foi quen puxo en marcha un proxecto piloto sobre hortas urbanas que tivo boa acollida. Empezaron convertendo extensións de terra «sen ningunha utilidade» en pequenas parcelas que podían servir para plantar árbores froiteiras e verdura. A reportaxe destaca que a capital de Galicia supera os metros cadrados que a Organización Mundial a Saúde recomenda que teña unha urbe. No texto tamén se abordan os cambios que sufriu a nosa comunidade dende o 2001, ao igual que as perspectivas de futuro.

CPR Cruz Roja Española (Coruña)

Implicar a todo un vecindario y a toda la sociedad para que se conviertan en red de detección y apoyo para mayores que viven solos. Ese es el objetivo de Antenas, el programa de Cruz Roja alrededor del que gira el trabajo presentado por las alumnas del CPR Cruz Roja de A Coruña. A través de la voz de la farmacéutica Sara López, nos descubren cómo los negocios del entorno pueden ser el vínculo perfecto para acercarse a estas personas. Y a través de María, una usuaria, ponen voz a esos mayores que, a menudo, no se quejan, pero agradecen una mano tendida.

Un reportaje que busca crear conciencia y demostrar que todos podemos poner nuestro granito de arena para lograr ciudades más amables y sensibles.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies