L. CANCELA

Shakira e Gerard Piqué empezaron a saír no 2010. El é un recoñecido exfutbolista do Fútbol Club Barcelona e ela unha das cantantes máis escoitadas na historia da música. O seu amor foi contado ao minuto e ela dedicoulle varias cancións a esa paixón. Agora ambos protagonizan unha das rupturas máis polémicas e mediáticas. Anunciaron a súa separación en xuño, tras doce anos de relación e dous fillos en común. Pouco despois, a prensa publicou informacións sobre unha suposta infidelidade por parte do xogador con Clara Chía, unha moza de 22 anos que traballaba na súa empresa. Desde entón, Shakira publicou tres cancións con mensaxes á súa exparella.

Que pasou?

O xoves pasado, a cantante publicou a súa nova canción, BZRP Music Sessions #53, que fixo co produtor Bizarrap. O tema considerouse unha ofensiva chea de indirectas (ou, máis ben, directas) para Piqué e Clara Chía. De feito, algunhas das frases inclúen os seus nomes de maneira semioculta. Nas primeiras 24 horas, a canción converteuse na mellor estrea latina da historia de YouTube, con 33 millóns de visitas, superando Despacito, de Luis Fonsi.

Quen é Bizarrap?

É un produtor e compositor arxentino de 23 anos coñecido polas súas music sessions. Gravar con el significa éxito asegurado.

Que dicía nas letras anteriores?

Moitos pensan que cos dous últimos temas de Shakira, Te felicito e Monotonía, era suficiente. Da primeira, que realizou xunto co artista portorriqueño Rauw Alejandro, nace o verso «felicítoche, que ben actúas». Nesta, a cantante reflexiona acerca da mentira nas relacións. Pola súa banda, na segunda (que gravou con Ozuna) canta «non foi culpa túa, nin tampouco miña, foi culpa da monotonía», polo que parecía que Shakira aceptaba a ruptura.

Como reaccionou Piqué?

Non quedou calado e comezou a enviar indirectas. Nesta canción, Shakira di o seguinte: «Cambiaches un Ferrari por un Twingo [unha marca e un modelo de coches]; cambiaches un Rolex por un Casio [dúas marcas de reloxos]». Aínda que non o expresa con claridade, utiliza unha metáfora na que ela representa o Ferrari e o Rolex, dúas firmas de alta gama e luxo, mentres que Clara Chía personifica as outras, que son máis baratas e sinxelas. Tal foi o impacto desta parte, que Piqué fixo varias aparicións subido a un Twingo e cun Casio como reloxo, e facendo moitas referencias a estas marcas. Casio entrou de cheo na polémica, aínda que negou ningún acordo con Pique.

Cal foi o debate?

Para entender a polémica hai que ir por partes. En primeiro lugar, o debate dividiuse entre aqueles que consideran que Shakira tiña todo o dereito do mundo de compoñer unha canción sobre a súa vida e aqueles que pensan que é un acto inmaturo. Houbo quen a criticou polo que afecta aos seus fillos e quen contestou lembrando que máis lles afectou a infidelidade do pai. E mentres uns a aplaudían como feminista, outros apuntaron que meterse con Clara Chía era todo o contrario.

 

As indirectas da canción parece que teñen nome e apelido

Por moita polémica que haxa ao redor, o importante da canción é a letra. Imos ver algunhas das indirectas máis virais. A primeira, por se alguén tiña dúbidas de sobre quen falaba Shakira no seu tema, despéxaa ela: «Entendín que non é culpa miña que te critiquen, eu só fago música, perdón que che salpique». Isto ten truco: na última palabra, separa a primeira sílaba, de forma que a pronuncia sal-pique. Despois, tamén opta por criticar tanto a Piqué como a Clara Chía de maneira conxunta: «A ti quedeiche grande, por iso estás cunha igualita que ti». E por último, na lista das frases máis comentadas, está a que lles dedica aos pais do deportista: «Deixáchesme de veciña á sogra». Estades de acordo con este tipo de vinganzas? A cantante ten dereito a contar iso?

 

Outros músicos que se inspiraron nunha mala experiencia amorosa

Shakira non é a primeira en criticar a súa exparella nunha das súas cancións. De feito, as rupturas fan que aflore a creatividade de moitos artistas dende sempre. O último exemplo, que tamén é da semana pasada, é o de Miley Cyrus. A artista norteamericana publicou Flowers, na que reivindica que ela mesma pode coidarse, quererse e regalarse flores. A prensa di que o videoclip está gravado na casa que el empregaba para serlle infiel. Por iso os fans están convencidos de que lla dedica ao seu exmarido, o actor Liam Hemsworth. Taylor Swift tamén cantou ao desamor. Pero antes foron moitos os homes que fixeron o mesmo, con máis ou menos elegancia: desde 19 días y 500 noches, de Joaquín Sabina, ata Lo mejor de tu vida, de Julio Iglesias, ou Sufre mamón, de Hombres G, entre outras moitas.

ACTIVIDADE BÁSICA

O mellor de ti

Shakira fala, na súa canción das diferenzas con outra muller. Todos somos distintos, nin mellores nin peores. Por grupos de catro ou cinco, destacade un boa calidade dos vosos compañeiros.


As actividades están deseñadas por L. Cancela

Saber deixar e ser deixado

Que che rompan o corazón doe. De feito, algúns estudos iguálano á morte dun ser querido. E o contrario, tamén. Deixar unha relación non adoita ser tarefa fácil, pero forma parte da vida e da súa aprendizaxe. Como sucede en case todo, hai boas e malas prácticas. «Para mí, la peor forma de hacerlo es dejar a la otra persona mal públicamente, avergonzando a tu expareja, a la que se supone que en algún momento quisiste», di Carmen Vázquez, adestradora emocional do gabinete Catemo, en referencia ás cousas publicadas en redes sociais. «Todo lo que tenga intención de hacer daño no beneficia ni al otro ni a uno mismo», engade. Aínda que contar intimidades ou querer ridiculizar ao outro pode soar liberador nun principio, «a largo plazo nunca lo es». «No lleva al bienestar, porque todas esas emociones negativas no hacen que uno quede más cómodo, ni promueven el perdón ni la compasión», detalla.

Como afrontar de maneira correcta o momento dunha ruptura? O primeiro é a comunicación. Ser claro e non andar dando voltas ao asunto. Para iso é fundamental «mantener una comunicación asertiva», na que aínda que expreses a túa opinión e as razóns polas cales queres romper, «también des espacio a la otra persona para que pregunte. De igual forma, y si se puede, hay que hacerlo de manera presencial, asumiendo la parte de responsabilidad de las cosas que se hicieron en esa relación, sin echar balones fuera», precisa Vázquez. Estas condutas axudarán a levar mellor o dó.

A sinceridade é importante, por iso non se recomenda que pintes de cores as cousas que non che gustaron. Pero tampouco é necesario lembrar aquela información que non engade valor á situación. «A mucha gente le sale más ser agresiva, gritar o hablar mal. En este caso, hay que intentar aguantarse», lembra Vázquez.

Por último, deixa que pase o tempo: «Cuando una relación se termina, hay que buscar estrategias que nos ayuden a olvidar. En este sentido, el paso del tiempo es bueno, pero también hay que perdonar para encontrar nuestra propia felicidad y bienestar», conclúe Vázquez.

 

Os signos do «para sempre» non son unha boa mostra de amor real

Se agora estás coa túa primeira relación, pode que non o vexas así, pero é posible que non dure para sempre. E isto non é nada malo. De feito, todo o contrario. En moitas ocasións, a primeira relación axuda a proxectar como queres que sexan o resto, que buscarás noutros e todo aquilo que non queres que se repita. É unha aprendizaxe, por así dicilo. Con todo, aínda que non sexa un amor para sempre, os actos que levamos a cabo son máis que importantes. En primeiro lugar, porque case sempre comeza na adolescencia, cando o cerebro aínda está a formar as conexións e a personalidade, e en segundo, porque algún é imborrable. Podería dicirse que é como as tatuaxes, unha marca na pel. «Hacer las cosas de forma impulsiva, en un momento de éxtasis y con una emoción totalmente incontrolada no es muy inteligente», explica Carmen Vázquez, adestradora do equipo Catemo. Tampouco é un significado de amor: «Es una muestra cortoplacista, como son muchas de las conductas del aquí y ahora».

Ocorre o mesmo cos cadeados que simbolizan un amor. Isto non é un seguro de que a relación vaia a mellor. Por iso, cando sintas que estás atrapado emocionalmente, Vázquez recomenda distancia: «Hay que ponerle un poco de razón y decir: “¿Cuántas personas mayores conozco que sigan con su amor de adolescencia?”». Ti que pensas?

ACTIVIDADE MEDIA

Aprender sobre a toxicidade

Carmen Vázquez propón ler o libro «A teoría do cubo e do cullerón». A obra invita a imaxinar que cada un temos un cubo colgando do pescozo con auga e unha culler. Con cada acción bonita regas o seu cubo. Que condutas farían que estea cheo?

 

ENTENDER

As mulleres xa non choran: agora facturan

Pensas que é feminista a canción de Shakira? Moitos consideraron que un dos versos que entoa, «as mulleres xa non choran, as mulleres facturan», transmite unha mensaxe empoderadora e reivindicativa. Con iso, a artista lembra que as mulleres son capaces de dicir o que senten e queren, aínda que outros non estean de acordo. Pero acaso chorar é debilidade? Pódese chorar e despois facturar? É un tema de debate.

A canción dá espazo a analizar a diferenza de idade. Shakira ten 45, Piqué 35 e Clara 22. Pensades que os anos poden supoñer un problema? Algunhas persoas pensan que o xogador pode estar nunha posición de poder respecto á moza.

Por último, Shakira recibiu críticas por supostas falta de sororidade, de apoio, entre mulleres. O tema inclúe mensaxes dirixidas a Clara Chía que a comparan con marcas de peor gama? É cousificala? Ten algunha culpa ela? Que opinades?

ACTIVIDADE AVANZADA

Ser tóxico na vida real

De cando en vez é importante lembralo. Seguro que moitos de vós coñecedes a alguén que tivo unha relación pouco sa. Compartide na clase aquelas condutas que consideredes tóxicas. Hai diferenzas entre uns e outros? Por que?

 

PROFUNDAR

A vinganza no amor vólvese contra un: é mellor estar só que con alguén que non querer estar contigo

A orixe de moitas relacións tóxicas vén da adolescencia. Nesta etapa, condutas como os celos ou o control poden verse como unha mostra de amor. Nada máis lonxe da realidade. Un dato: segundo un estudo sobre adolescencia e mocidade da Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), máis dun 80 % dos mozos din que coñeceron algún caso de violencia en parellas da súa idade. Parécevos alarmante?

  A educación en igualdade axuda a que, de adultas, as persoas sexan máis independentes das súas parellas, teñan unha mellor autoestima e saiban establecer límites de forma máis rotunda.

Se en algo insisten os expertos é en que a vinganza no amor sempre se volve contra quen a inicia. Se alguén decide cortar contigo, podes enfadarte, pero non pagalo coa túa parella. Poida que ti non o esperases, pero é mellor estar só que con alguén que non goza da túa compañía.

Por iso, tomar a xustiza pola propia man nunca sae ben. Despois dunha ruptura, algúns ameazaron á outra persoa con filtrar vídeos ou imaxes íntimas. Hai que saber que facer isto, como pasalo dun móbil a outro, é delito. Non só isto, senón que pode carrexar graves consecuencias psicolóxicas para a vítima, quen pode chegar, mesmo, a querer suicidarse.

Coñeces algún caso deste estilo? Cal foi a túa posición? O correcto é denuncialo e estar da parte da vítima.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies