As mulleres temos que escoller as nosas batallas, centrarnos no que nos interesa e non perder nin un minuto ante algunhas críticas. Isto é o que veu a contarlles Ángela Arnela, química e investigadora de nanomateriais na USC aos alumnos do IES Concepción Arenal (Ferrol). Ela, natural de San Sadurniño e de 27 anos, está pendente de defender a súa tese e tamén participa en proxectos de divulgación científica feminista. Fíxoo da man da asociación La Ciencia es Femenino, que colabora no programa A Voz da Muller STEM, organizado por La Voz de Galicia e a empresa Viaqua. As tres entidades levan o exemplo de científicas reais aos colexios e institutos de toda Galicia para derribar mitos e animar ás rapazas a que fagan estudos científico-tecnolóxicos.

Charla de Ángela Arnosa

Myriam Garabito no IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo. Foto: Pepa Losada

Tamén o fixo Myriam Garabito na outra punta da costa cantábrica galega, no IES Dionisio Gamallo, en Ribadeo. Esta farmacéutica, responsable do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia en Lugo e expresidenta de Unicef Galicia, falou da vocación por riba dos medos: «Me encantaría —dixo Garabito que salieseis de aquí convencidos, todos y todas, de que el que quiere, la que quiere, puede» e tamén recordou que «no es más difícil trabajar en ciencia que en humanidades».

Charla de Myriam Garabito

Porque esa é unha das bases deste programa que xa leva percorridos neste curso máis de vinte centros galegos de ESO, FP e bacharelato: ver que para ser científica, unha rapaza non ten que ser Marie Curie; é un traballo moi esixente pero que con esforzo pódese lograr. E como dixo Arnosa: «Se poñen en dúbida a vosa valía por ser mulleres, nin caso. Non paga a pena nin discutir con esa xente».

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies