Case todo depende do obxectivo principal que nos tiñamos marcado con respecto ao traballo coa noticia na aula. Se o único que pretendemos é que os alumnos estuden, sen máis, as noticias porque o seu coñecemento pode axudarlles na vida, a actitude pode ser moi diferente. Pero se o facemos dun modo creativo, se estimulamos a imaxinación, conseguiremos que non só acumulen os datos que lles proporciona o profesor e que están ao seu dispor nos xornais e nos libros, senón que utilicen métodos de exploración para entender mellor as noticias e, sobre todo, para que as apliquen na súa aprendizaxe e para que as leven á súa vida.
O traballo co xornal podería ter tres tempos se o que pretendemos e fomentar a creatividade e estimular a imaxinación dos alumnos: buscar a noticia, estudala na aula e imaxinar por onde poderían ir algunhas solucións. Primeiro acudimos ao xornal para que os alumnos vexan o que sucede na sociedade. En segundo lugar, estudamos na aula, segundo as nosas relativas posibilidades, algúns deses problemas ou acertos que existen, e seleccionamos un deles. E, por fin, buscamos dalgún modo pequenos intentos de por onde poderían ir algúns dos pasos cara a un camiño de solución.
Este intento do dobre balance de ida e volta sociedade-colexio e colexio-sociedade esixe métodos creativos e dinámicos cando estudamos as noticias na aula. Velaquí algunhas descricións que podemos puntuar de 0 a 4 pola súa importancia, deixando para o final a selección:
■ Ao intentar a lectura de situacións difíciles, os alumnos danse conta dos problemas reais que existen, non tratan de evadilos e senten a necesidade de achegar solucións creativas […]
■ Toman conciencia das oportunidades que perderían se non intentan prepararse para resolver no futuro eses problemas ou non saben como facelo […]
■ Aprenden a ver os problemas como un reto que teñen diante e un estímulo para actuar en favor propio e dos demais […]
■ Adéstranse en buscar pequenas alternativas creativas na vida e non se deixan levar por un certo pesimismo ante noticias que mostran a dificultade de que as cousas teñan arranxo […]
■ Que a actitude creativa estudando algunhas noticias desenvolva nos profesores e alumnos un espírito crítico e un certo grao de alerta que nos facilite o saber elixir con maior garantía o que resultaría máis adecuado en cada situación ou momento […]
■ Fanse conscientes de que a creatividade non é algo exclusivo dos xenios, senón que todos somos capaces de ser creativos e de buscar novas solucións no traballo, na relación cos demais e no desenvolvemento da nosa persoa […]
■ Que é moi importante manter continuamente a mente aberta e creativa para adoptar os cambios e a mobilidade necesaria, sen permitirnos ancorarnos demasiado en reaccións de inhibición ou derrotistas […]
■ Que a creatividade sexa práctica e busque un produto real, e que non poida confundirse cun estado de imaxinación improdutiva […]
■ Que a actitude creativa leve a considerar as necesidades específicas de cada persoa ou grupo, a facilitar a súa aprendizaxe e apoiar o seu crecemento […]
■ Que é necesario saber buscar noticias importantes que xustifiquen, fortalezan e dean actualidade aos obxectivos e metodoloxías de diversas áreas de aprendizaxe que han de servir no futuro dunha mellora da sociedade […]
Creatividade na aula
Como organizamos na aula a comunicación creativa de ideas? Dispondo tempos e formas para facilitar que poida producirse a comunicación de ideas por parte do alumno, unhas veces por escrito e en forma anónima, outras veces en directo, individualmente ou en grupo:
Situación emerxente
Eliximos unha situación concreta dunha noticia do xornal sobre un tema que necesita un solución vibrante e creativa?
Oportunidade óptima de comunicarse
Unha clase onde se dá oportunidade de que os alumnos manifesten as súas ideas creativas ante un tema que se explica, ante os seus modos e preferencias de traballar na aula, ante as súas expectativas na vida.
Actividades creativas
Fomentamos as actividades que se van realizar para que profesores e alumnos sintámonos partícipes e podamos coñecer mellor cales son as nosas ideas sobre o desenvolvemento e aplicación dalgunha solución creativa e concreta para ese tema elixido?
Tríos dinámicos
Promove, por exemplo, a idea de constitución de tríos dinámicos no grupo, tendo en conta o criterio dos alumnos e as súas preferencias creativas ou dificultades cognitivas.
Bombardeo de suxestións
O profesor ábrese a diversas suxestións para facilitar a tarefa de aprendizaxe cognitiva e a realización efectiva da súa tarefa escolar.
Valoración de propostas
Recolle a importancia das ideas dos alumnos no desenvolvemento persoal e promove estruturas para a súa comunicación.
Selección de propostas
O profesor clarifica e explica as ideas. elección de propostas: o profesor clarifica e explica as ideas e resume e expón as ideas e sentimentos suscitados ante diferentes noticias.