Un dos galardóns do Premio Mil Primaveras, dos técnicos de dinamización lingüística e que nace para recoñecer accións de fomento do uso do galego, recaeu no proxecto Aquí tamén se fala, do IES Rafael Dieste, na Coruña. Nacido no 2023 no instituto (que é coñecido polo nome de Agra II), o programa foi impulsado polo profesor de galego Alberto Pombo, e activa a implicación do alumnado para concienciar o conxunto da sociedade sobre o uso da lingua.

Repartiron folletos sobre o uso do galego por toda a cidade invitando aos comerciantes a que os puxeran na porta. Foi un proxecto sinxelo, ben planificado e cun excelente uso das redes sociais, que no curso actual xa se espallou por 200 centros.

O xurado salientou a súa planificación, con obxectivos xerais e específicos moi ben definidos e medibles, que presenta a lingua en positivo e converte as persoas destinatarias en axentes implicadas no proceso, e faino dende a reflexión.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies