CPI Dr. López Suárez (Escairón, O Saviñao)
Alumnos:
  • Miriam Varela Gómez
  • Candela Saavedra López
  • Mercedes López López, Andrés López López , Juan Martín Méndez Varela y Uxía Rodríguez Pereira
Profesores:
  • Ana María Campo López (4.º de ESO)

A Ribeira Sacra é a candidatura que España presenta á Unesco para convertela en patrimonio da humanidade, e o resultado coñecerase este ano. Este nomeamento conseguiu entrar nas 24 propostas internacionais de inscrición elixidas para ser presentadas e sometidas a debate na 45.ª sesión do Comité da Unesco, que se espera celebrar en China no verán deste ano.

ISTO É A RIBEIRA SACRA

Chámase Ribeira Sacra ás ribeiras dos ríos CabeSil e Miño, na zona sur da provincia de Lugo e a norte da de Ourense. O 5 de abril de 2019 foi aprobada polo Consello do Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura a súa candidatura á lista de Patrimonio de la Humanidad da Unesco. ​

Esta é a web oficial da declaración BIC (ben de interés cultural) da zona
  1. A lista de bens inmobles (edificios sobre todo) declarados BIC: https://www.cultura.gal/es/bienes-inmuebles-incoados-bic
  2. A lista de bens mobles (que se poden transportar): https://www.cultura.gal/es/bienes-muebles-incoados-como-bic
  3. A lista dos recursos inmateriais: https://www.cultura.gal/es/manifestaciones-inmateriales-incoadas-bic
A Ribeira Sacra está formada polos seguintes concellos:
POR QUE TEN QUE SER PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Ana Goy Diz, integrante de Icomos (a asociación non gobernamental internacional e organismo asesor da Unesco en cuestións de patrimonio) relátanos neste vídeo como se está tramitando a candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio paixasístico.

 

A Xunta manifestouse orgullosa por esta noticia «froito do traballo e do esforzo conxunto das administracións e da sociedade civil e que abre importantes perspectivas de crecemento e desenrolo sostible para estes terreos».
Agradeceu a implicación das deputacións de Ourense e Lugo, dos concellos do entorno e das diferentes entidades locais, como o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSdeG) mostrouse satisfeito por este paso, do que reinvindica o seu impacto positivo a nivel turístico e económico. José Tomé reclama o seu papel impulsor do organismo nesta candidatura e que outras institucións como a Deputación de Ourense ou a Xunta de Galicia se sumaron ao proxecto. O presidente comprometese a seguir loitando coas mesmas forzas para converter o paraíso interior da Ribeira Sacra en Patrimonio da Humanidade.

«Haberá un antes e un despois»

O alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto Quiroga (PP) tamén o apoia: «Que a Ribeira Sacra consiga a catalogación é o maior espaldarazo que vai ter a nivel turístico». Aclara que non se vai tratar dun turismo de masas, senón de calidade, e «se algo certifica esa calidade é ser patrimonio mundial». Di o alcalde que «hai unha porcentaxe importante de xente que cada vez que organiza as súas vacacións decide ir a distintos lugares que foron catalogados como patrimonio da humnanidade». Se a Ribeira Sacra o consigue «haberá un antes e un despois»

Terán as institucións razón? Como afectará realmente o nomeamento a nosa terra?

Para comprobar como de positivo é o feito de que a Ribeira Sacra se converta en  patrimonio da humanidade e como a nosa terra pode mudar con esta decisión, falouse con distintas persoas da zona. Pero moitos non contestaron e outros non quixeron facer pública a súa opinión. Unha das persoas contactadas, unha guía turística que viaxou por medio mundo, explicou que non tiña moito coñecemento do nomeamento da Ribeira Sacra. Para completar máis información podedes entrar no blog O sorriso de Daniel, onde ofrece diferentes puntos de desacordo co proxecto.

Ademais das entrevistas, tamén realizáronse diversas enquisas ao longo do territorio e que reflicten o descoñecemento da sociedade sobre este tema, e a escaseza de disposición a dar opinión pública.

Medo oa que sexa un cabalo de troia

Sen ningunha dúbida a Ribeira Sacra merece o nomeamento e ser máis recoñecida tanto como para a xente doutras contornas como polos seus propios habitantes. O que xera rebumbio é se esta proposta aparentemente perfecta resulta ser un cabalo de troia. Unha das consecuencias máis obvias que se esperan e o incremento de turistas, efecto que xa se estivo notando nos últimos anos. Os cambios producidos polo incremento do turismo teñen un exemplo na afamada praia da Cova: hai uns anos só era coñecida pola xente autóctona, pero pouco a pouco co paso de tempo e a chegada de visitantes se viu ateigada, aumentado a sucidade da praia e convertendo a súas formas de acceso nun perigo para a cidadanía debido o estreito do seu camiño de entrada, ademais da dificultade de aparcar e a velocidade que levan algúns vehículos; desta forma, a xente da contorna deixou de acudir, e pódese asegurar que o turismo arrebatou o espazo aos veciños. Parece que este podería ser un dos inconvenientes que tería a Ribeira Sacra se chega a ser Patrimonio da Humanidade, esa sensación de sentirse estraño na túa propia casa e notar seica como lle arrebatan a tranquilidade ao veciños, e en certo aspecto a autenticidade. Pero hai que ter en conta o efecto positivo, a hostalería e as actividades de ocio serán máis demandadas aumentando así o nivel económico.

Ante isto hai unha pregunta que facerse: venderá a Ribeira Sacra a súa tranquilidade?

 

«Mostro o patrimonio dende o respecto»

Begoña González Aguiar é unha guía turística da Ribeira Sacra, que goza moito do seu traballo xa que amosa as belezas da terra, que para moita xente son descoñecidas, e cre que é fundamental dalas a coñecer. O sector no que traballa parece que será un dos máis favorecidos se remata por ser Patrimonio da Humanidade, posto que aumentará o número de turistas interesados en coñecer a Ribeira Sacra. Podes escoitar a entrevista neste enlace.

-Que lle parece o nomeamento?

-Paréceme ben, é importante ter un título así para defender o noso patrimonio e coidalo un pouco mellor.

-Coñece os territorios e os monumentos que se inclúen nel?

-Si, polo traballo si que coñezo os monumentos e territorios que son.

-Está de acordo con eles?

-Si, penso que aínda se podían incorporar máis, pero cos que están dentro si que estou de acordo.

-Cales cre que se poderían incorporar?

-Poderíase prestar un pouco máis de atención ao patrimonio arqueolóxico ou etnográfico. Creo que case sempre se lle fai máis caso ás igrexas, sobre todo as románicas, que evidentemente son importantes pero tamén temos moito máis patrimonio que o relixioso.

-Que vantaxes e inconvenientes lle ve ao nomeamento?

-Sobre todo a nivel protección penso que todos os inmobles van a estar máis protexidos. O reparo é que se tes que facer algún trámite, vaise a necesitar moito máis papelorio que agora.

-Cre que o nomeamento da Ribeira Sacra vai facer que perda todo o seu atractivo autóctono?

-Non, penso o contrario, que así a xente de aquí igual a valora máis.

-Como cre que reaccionarán os veciños?

-Uns reaccionarán ben, e outros pensarán que non van poder abrir pistas, nin facer cas súas terras o que queren, e entón supoño que non lles gustará.

-Alguén se puxo en contacto con vos por motivo deste nomeamento?

-Directamente con motivo deste nomeamento non, pero si que é certo que veu máis xente á zona con motivo do nomeamento, como cada vez hai máis medios e cada vez é máis coñecida, máis afamada, si que se achegou xente para visitar igrexas, mámoas e distintos elementos da zona.

-Como defende un guía turístico o patrimonio?

-Eu o defendo de distintas maneiras, unha mediante o traballo como guía mostro o patrimonio dende o punto de vista do respecto, sempre digo que hai que valoralo e protexelo,por exemplo cando mostro petroglifos sempre indico que son moi importantes, que non se poden pisar, que non se poden estragar. Por outra banda tamén escribo artigos en revistas de investigación, escribo libros nos cales divulgo este patrimonio para que aínda máis xente, non só a que vén ata aquí, senón que a que está fóra tamén o coñeza.

«O que falta é informar aos veciños»

Juan Antonio Jerez Arias é un profesor de Xeografía e Historia e aínda que naceu e viviu en Vigo e Dublín, o seu soño era volver á aldea da súa avoa. Este curso está cumprindo ese soño. Podes escoitar a entrevista neste enlace.

-Que lle parece o nomeamento da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade?

-A verdade é que me parece moi ben, como habitante que son desta zona, dáme medo que dentro de 30 anos estea baleira, hai que buscar xeitos de promover e buscar traballo, e ese é un xeito moi bo de darlle publicidade á Ribeira Sacra, e estou moi de acordo con iso.

-Coñece os territorios e os monumentos que se inclúen nel? E está de acordo?

-Non o teño moi claro, estiven lendo sobre iso pero tampouco sei moi ben cales son e cales non, imaxínome que de tantas igrexas quedaran moitas no tinteiro, sen proclamar, pero algunha ten que quedar, non teño unha resposta moi definida para iso.

-Que vantaxes lle ve?

-Moitas: publicidade, turismo, oportunidades de negocio, novos poboadores, novas infraestruturas, eu creo que moitísimas vantaxes.

-E algún inconveniente?

-Que en agosto non podes ir pola rúa porque veñen os turistas, vas ao bar ao que vas sempre e está cheo de xente…, pero esas son as desvantaxes típicas que hai nos sitios turísticos.

-Cómo cre que reaccionarán os veciños?

-Depende, tendo en conta que aquí hai moita tradición de opinar sen saber, o que falta é que se informe aos veciños de que vai ese plan. Moitos estarán en desacordo, sobre todo en verán, porque hai moita xente, e outros estarán de acordo porque viven diso.

 

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

1819 usuarios han votado por esta noticia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies