Colegio San José (Lugo)
Alumnos:
  • Jimena Espino
  • Teresa Hang Rigueiro
  • Carla Luaña
Profesores:
  • Laura Balboa

Para uns, Pedrafita é unha aldea calquera da montaña, pero para outros é un lugar que xera sensacións e emocións e leva a pensar en proxectos interesantes, tendo presente a mellora da calidade de vida fronte as grandes urbes e o aproveitamento dun entorno natural único, como é do da comarca dos Ancares.

É este o caso de Petra Fisher, que veu de Alemaña para montar un sistema de coworking na aldea de Brañas de Serra; ou mesmo de Antonio Santos, criado no concello e que ten en mente pór en marcha a creación de industria, desenvolvemento social, cultural e de innovación en biotecnoloxía no lugar.

En todo caso, contan con todo apoio do concello, como recoñece o alcalde, José Luis Raposo Magdalena: «O Concello sempre axudará a quen queira facer de Pedrafita a súa casa», non dubida en afirmar que colaborará en todo o que estea na súa man á hora de tentar fixar a maior cantidade posible de poboación na contorna do Cebreiro. Xa a día de hoxe ten os seus obxectivos centrados na mellora da vida da poboación da zona, aportando postos de traballo estables e o máximo benestar posible para tódalas xeracións, preténdese conseguir a creación de vivendas sociais proximamente, facilitando deste xeito a fixación da poboación máis nova que traballe na zona, clave para o desenvolvemento rural e para a loita contra a despoboación.

La fábrica que prevé Galintia Landcare sería de este tipo.

En moitas ocasión só se fala da vivenda como un problema das grandes urbes como Madrid ou Barcelona, pero no entorno rural esta tamén é un preocupación e que require da colaboración público-privada, con proxectos como os que se queren promover dende o concello de Pedrafita. Sinala que no último ano, naceron cinco nenos e indica sorprendido que «isto non pasaba dende hai trinta anos». Pensando nisto, barállase a posta en marcha dunha casa niño, cuxo local e obras serán facilitadas polo Concello. Así como diferentes colaboracións co CPI Uxío Novoneyra, do que sinala que «hai moito tempo que non funcionaba tan ben, acolle alumnado tamén de concellos limítrofes e no curso pasado foron gañadores de certames incluso a nivel nacional».

Por outro lado, e pensando nas xeracións maiores, vélase polo seu benestar en todo momento, na súa casa ou na residencia da que afirma que «supuxo o maior reto» da súa vida política, pero a día de hoxe, móstrase moi satisfeito polas necesidades que cubre: «Permite a moita xente da zona que antes se vería obrigada a afastarse da terra, gozar de calidade de vida nela, á vez que xera postos de traballo no so para a xente do concello, senón tamén do resto da comarca». Así mesmo, o goberno local vela pola rehabilitación do lugar: «Traballamos con a Rede Natura para a rehabilitación das aldeas da zona, sempre cumprindo coas obrigacións, que neste caso veñen da man de construcións en pedra», buscando deste xeito conservar a estética característica da montaña lucense, e sobre todo mellorar as infraestruturas comúns. Os veciños do lugar móstranse satisfeitos por teren aquilo que necesitan sempre cuberto, e non dubidan en afirmar que vivir en Pedrafita é gozar de calidade de vida.

A pandemia foi un momento de regreso ás orixes de moita xente, como Antonio Santos, directivo dunha empresa tecnolóxica que saíu da capital de España para pasar uns meses no Bierzo natal da súa muller, alí, cando tiña tempo libre, xurdiulle unha inquietude, sinala como punto de partida de Galintia Landcare, o proxecto impulsado por Talentya, un libro que explica o movemento Landcare, nacido en Australia e que coa xestión sostible de recursos naturais busca a mellora dos medios das persoas e dos recursos naturais dos que dependen.

Antonio Santos durante a videoentrevista.

Santos manifesta ser o nexo de unión «emocional y empresarial» dun grupo formado por Manuel Lolo, orixinario de Rubiais; Francisco Trejo, extremeño; e Antonio Sequeros, criado en Villafranca del Bierzo; todos eles coñecedores do territorio que chegaron á conclusión de que Pedrafita podería ser un bo lugar para a creación dunha Industria 4.0. Indica Santos que Pedrafita é o lugar perfecto: «Empezamos a analizar y vimos que el territorio era muy amplio, que había una riqueza forestal muy importante y que no había ninguna industria asentada», ademais, sinala que quería que «no solo fuera interesante a día de hoy, sino que fuera un proyecto que pudiera desenvolverse para generaciones futuras», que axude a xestionar a masa dos montes galegos, cree riqueza e, como sinalan na súa páxina web, dinamizando «la economía, el desarrollo rural y por tanto las personas que integran el territorio», atraendo e fixando poboación. Santos declara: «Para nosotros es importante la fijación de población y la generación de expectativas para fijar nueva población, es decir, colaborar activamente en el desarrollo económico del territorio»; asentar poboación no territorio ten moitas consecuencias positivas: a colaboración na prevención dos incendios, ataxar as pragas e enfermidades…

A iniciativa Galintia Landcare foi declarada «Iniciativa Empresarial prioritaria pola Xunta de Galicia» e agardan de bo grao poder poñela en marcha canto antes. Conclúe que buscan un proxecto de enerxías renovables baseadas na biomasa forestal que vele pola sostibilidade social e ambiental, xa que os recursos naturais existen, entón, este debería ser un proxecto disruptivo, innovador e baseado nun modelo onde se desenrole e xestionen procesos tecnolóxicos de vangarda.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies