Instituto Celanova Celso Emilio Ferreiro
Alumnos:
  • Natalia Álvarez Pérez
  • Alexandra P. Argüelles Padilla
  • Xiana Garrido Seara
  • Bruno Márquez Rodríguez
  • Íker S. Sampayo Alvarado
  • Luis M. Seara Curiel
  • Martín Sousa Salgado
  • Nerea Torres Rodríguez
Profesores:
  • Rafael Adán 2.º ESO
Tal día como hoxe hai 76 anos foi liberado o campo de concentración máis coñecido da Alemaña nazi, Auschwitz-Birkenau, e por iso a Unesco decretou esta xornada como o Día do Holocausto, en recordo aos exterminados por este réxime, e que superan os 11 millóns de persoas (a metade, xudeus).

Además de Auschwitz había outros campos pensados para que traballasen e finalmente morreran (eran como unha fábrica de morte) as persoas que o goberno nazi decidira.

Un deles é Mauthausen, un importante campo de concentración, coñecido pola súa canteira de granito, situado na actual Austria, no estado de Oberösterreich (Alta Austria). Por el pasaron e sufriron numerosos republicanos españois, entre eles oito ourensáns das comarcas da Baixa Limia e das Terras de Celanova.

Queres saber máis da Segunda Guerra Mundial?
Que países se enfrontaron na Segunda Guerra Mundial?

  • Países dos Aliados: Francia, Reino Unido, Polonia, Unión Soviética, Estados Unidos de América, Bélxica, Australia, Dinamarca, Canadá…
  • Países do Eixe: Alemaña, Italia e Xapón, xunto con Eslovaquia, Hungría, Romanía ou Bulgaria.

 

Causas da Segunda Guerra Mundial

  • Tratado de Versalles. Ao rematar a Primeira Guerra Mundial, Alemaña asinou, o 28 de xuño de 1919, a paz en Versalles, Francia. Tivo que recoñecerse única culpable da guerra e pagar unhas indemnizaciones enormes; istoe supuxo unha decepción para Alemaña.
  • Crac do 29. A crise xurdida nos Estados Unidos en outubro de 1929 chegou ao ano seguinte a Europa. En Alemaña, aínda en crise despois da derrota na Primeira Guerra Mundial, tivo como consecuencia a subida ao poder do partido nazi, con Adolf Hitler á cabeza en 1933, dado que atopou un campo aberto para implantar a súa ideoloxía totalitaria e provocar nalgúns alemáns un sentimento de desquite cara o resto de Europa.

 

Datas de comezo e remate

  • Comezo. O 3 de setembro de 1939 Francia e Reino Unido declaran a guerra a Alemaña despois da invasión alemá de Polonia, que tivo lugar o 1 de setembro de 1939.
  • Remate. O 2 de setembro de 1945 cando Xapón asinou a súa rendición. En Europa a guerra rematou o 8 de maio de 1945, cando Alemaña asinou a súa rendición incondicional.

 

Fases e datas relevantes na Segunda Guerra Mundial

  • «Drôle de guerre» ou «guerra de broma», con pouca actividade bélica (do 3 de setembro de 1939 ao 10 de maio de 1940): Alemaña invade Polina; Francia e o Reino Unido decláranlle a guerra; Alemaña invade Francia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo.
  • Guerra total (do 10 de maio de 1940 ao 2 de febreiro de 1943). Francia ríndese (armisticio) e queda dividida en dous, unha zona ocupada, no norte e libre no sul (aínda que baixo un goberno posto polos nazis); Alemaña únese a Italia e Xapón e forma o Eixe; Alemaña invade a Unión Soviética; Xapón ataca unha base norteamericana do Pacífico (Pearl Harbour) e Estados Unidos entra na guerra; as tropas alemanas desembarcan no norte de África.
  • Derrota dos países do Eixe (1943-1945). Remata a batalla de Stalingrado e a URSS derrota a Alemaña; as tropas aliadas desembarcan en Normandía, no norte de Francia, o día D (xuño 1944) e comeza a liberación de Francia; as tropas do xeneral Leclerc, con gran presenza de republicanos españois, toman o concello de París; en febrero de 1945 chega a Conferencia de Ialta para deseñar o fin da guerra e o reparto dos países entre os gañadores; en maio de 1945 chega a liberación do KL Mauthausen e Alemaña ríndese. A parte da guerra do Pacífico vive a explosión da primeira bomba atómica sobre unha cidade, Hiroxima (6 de agosto de 1945) onde morren 100.000 persoas ao instante e tres días despois lánzase outra sobre Nagasaki (35.000 mortos no momento), e o 2 de setembro Xapón réndese.Remata a guerra

 

Consecuencias da Segunda Guerra Mundial

  • Creación da ONU. O 24 de outubro de 1945 nace a ONU cando representantes de 50 países se reuniron en San Francisco, Estados Unidos, para fundar un organismo encargado de manter a paz e a seguridade internacionais, despois do desastre da Segunda Guerra Mundial. Formouse un Consello de Seguridade integrado por cinco membros permanentes: China, Estados Unidos, Francia, Federación de Rusia e Reino Unido, todos involucrados na Segunda Guerra Mundial.
  • Plan Marshall. Foi un plan de recuperación económica organizado polos Estados Unidos de axuda aos países europeos ao finalizar a Segunda Guerra Mundial. Esta axuda centrouse na reconstrución das principais infraestruturas europeas destruídas durante a guerra.
  • Guerra Fría (1947-1991). Foi unha época de máxima tensión entre os Estados Unidos e a Unión Soviética. Ambas as potencias comezaron unha atolada carreira armamentística nuclear que provocou unha tensión constante entre estas superpotencias.

Así, antes de chegaren ao KL Mauthausen todos eles foron capturados polo exército nazi en Francia e posteriormente trasladados aos Frontstalags (en Francia), despois aos Stalags (campos de prisioneiros de guerra) e finalmente deportados ao KL Mauthausen, e todo isto coa complicidade do franquismo.

No KL Mauthausen traballaron até a extenuación e a morte na canteira de granito con maltrato físico, escasa alimentación, falta de hixiene e con condicións climáticas extremas. Aquí morreron máis de cen galegos entre eles tres das comarcas da Baixa Limia e das Terras de Celanova.

Quen son estes ourensáns?

Foron oito os ourensáns orixinarios das comarcas da Baixa Limia e das Terras de Celanova, que pasaron e sufriron no KL Mauthausen.

A metade deles proviñan do concello de Entrimo, na Baixa Limia, e os outros catro eran das Terras de Celanova, concretamente dos concellos de Cartelle, Ramirás, Quintela de Leirado e máis de Padrenda.

Este cadro resume algo da súa biografía, en que compañía estaban cando foron capturados e os lugares polos que pasaron antes de chegar a Mauthausen:

Nome e apelidos

Lugar de nacemento

Data de nacemento

CTE

Data de captura polos nazis

Prisións

Abilio Álvarez Bernardo

Olelas

(Entrimo)

25-xuño-1916

39.ª

(Moselle)

20-xuño-1940

Frontstalag 140 Belfort

Stalag XI-B Fallingbostel

Avelino Pérez Rodríguez

A Terrachá

(Entrimo)

10-outubro-1899

86.ª

(Hautes-Alpes)

20-xuño-1940

Stalag VIII-C Zagan

Stalag XII-D Trier

Higinio Rodríguez Domínguez

A Pereira

(Entrimo)

9-novembro-1916

31.ª

(Marne)

20-xuño-1940

Stalag XI-B Fallingbostel

Jaime Vázquez Estévez

Bouzadrago

(Entrimo)

14-outubro-1905

34.ª

(Savoie)

6-xuño-1940

Frontstalag 123 Langres

Stalag X-B Sandsbostel

Antonio Villar Febrero

Santo Tomé

(Cartelle)

1-decembro-1912

24.ª

(Moselle)

?

Frontstalag 140 Belfort

Stalag XI-B Fallingbostel

José Mosquera González

O Outeiro

(Ramirás)

14-xuño-1918

100.ª

(Indre)

?

Stalag VII-A Moosburg

Julio Domínguez Rodríguez

Xacebáns

(Quintela de Leirado)

1-abril-1916

191.ª

(Loiret)

22-marzo-1944

Frontstalag 122 Compiègne Royallieu

Francisco Rivera Pérez

Freáns

(Padrenda)

15-abril-1899

118.ª

(Nord)

20-xuño-1940

Stalag IX-A Ziegenhain

CTE: Compagnies de travailleurs étrangers (Compañías de traballadores Estranxeiros) foi a saída de moitos exiliados republicanos, traballando principalmente na fortificación da Liña Maginot, a fronteira con Alemaña. (Indícase o departamento francés no que estivo destinada cada compañía) 

Frontstalags: campos de prisioneiros creados pola Alemaña nazi fóra de Alemaña, prisións de tránsito. Estes son  Belfort, Landres (no Haute-Marne) e Compiègne Royallieu (Oise)

Stalags: campos de prisioneiros creados en Alemaña para traballos forzados. Estes son Fallingbostel y Sansbostel (Baixa Saxonia), Zagan (hoxe Polonia), Trier y Ziegenhain (Renania-Palatinado) e Moosburg 

 

 

 

Este outro cadro conta algo da súa vida no campo de concentración:

Nome e apelidos

KL Mauthausen

Liberación do KL Mauthausen

Ano e lugar da morte

Data ingreso

Clasificación

N.º asignado

Data falecemento

Abilio Álvarez Bernardo

27-xaneiro-1941

Bergmann

(Mineiro)

5620

2-febreiro-1942

  

Avelino Pérez Rodríguez

25-xaneiro-1941

Eisenbahner

(Ferroviario)

10021

5-agosto-1941

  

Higinio Rodríguez Domínguez

27-xaneiro-1941

Landwirt

(Labrego)

5719

 

5-maio-1945

??

Jaime Vázquez Estévez

3-marzo-1942

Landwirt

(Labrego)

3756

 

5-maio-1945

1983

Entrimo

Antonio Villar Febrero

27-xaneiro-1941

Landwirt

(Labrego)

6599

11-agosto-1941

  

José Mosquera González

6-agosto-1940

Landwirt

(Labrego)

3283

 

5-maio-1945

??

Julio Domínguez Rodríguez

25-marzo-1944

59854

 

5-maio-1945

1993

Francia

Francisco Rivera Pérez

13-agosto-1940

Steinmetz

(Canteiro)

3728

 

5-maio-1945

1979

Francia

 

Estas son as súas fichas do campo de concentración:

Abilio Álvarez Bernardo

Antonio Billar Febrero

Avelino Pérez Rodríguez

Francisco Rivera Pérez

Higinio Rodríguez Domínguez

Jaime Vázquez Estévez

José Mosquera González

Julio Domínguez

Dos oito, tres morreron no KL Mauthausen, e os outros cinco foron liberados. Os tres que faleceron no KL Mauthausen aparecen, xunto con outros 4.424 españois, nunha listaxe de españois falecidos nos campos de concentración de Mauthausen e de Gusen (BOE do 9 de agosto de 2019). Hai que apuntar que neste BOE do ano 2019 aínda aparece toponimia como «Orense» ou «La Coruña». Son Abilio Álvarez, Antonio Villar e Avelino Pérez.

Certificado de defunción de Abilio Álvarez

Certificado de defunción de Antonio Villar

Certificado de defunción de Avelino Pérez

 

 

 

 

 

 

 

«Deume vergonza e rabia a miña ignorancia sobre os veciños que estiveron en Mauthausen»
Heladio Anxo Fernández Manso é investigador da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Ourense. Na imaxe que acompaña esta entrevista está no mosteiro de Sankt Lambrecht, un subcampo dentro de Mauthausen.

—Cal foi a súa motivación para comezar as túas investigacións sobre os campos de concentración?

—En realidade eu non me considero un investigador. Son só un profesor de Historia de secundaria. O Holocausto nazi interésanos a todo o mundo, todos temos algunha imaxe dos campos, sobre todo a través o cine. Case sempre os relacionamos só co pobo xudeu. Pero houbo outras moitas vítimas, coma os xitanos, homosexuais, opositores políticos en xeral…. Entre eles republicanos españois, esquecidos ata hai moi pouco.

Aínda que sabía da presenza de españois nos campo nazis desde os anos da carreira, nos oitenta, comecei a prestarlle unha atención especial cando vin dúas edicións do programa de La 2, Línea 900, adicadas a deportados españois superviventes: Mauthausen, el deber de recordar.

Pero o feito que provocou o paso de profesor que traballa o tema co alumnado a investigador foi coñecer no ano 2015 que un veciño meu, do concello de Monterrei, tamén estivera nos campos: Joaquín Balboa García. Deume vergonza e rabia a miña ignorancia e ter perdido a ocasión de ter falado con el (morreu en 1994). Así que para redimirme decidín, coa axuda da súa familia, investigar a súa vida e organizarlle un homenaxe institucional. Hoxe Joaquín é fillo predilecto do concello de Monterrei e ten un pequeno monumento na súa aldea de Estevesiños. Ademais, elaborei unha exposición contando a súa historia que anda polas centros educativos. No voso tamén estivo hai dous cursos. De todos os actos que organicei estou orgulloso, pero sobre todo de contribuír a que a xente nova, coma vós, saiba o que lle pasou a Joaquín e seus compañeiros.

Despois continuei, xunto a outros compañeiros e compañeiras, investigando sobre os deportados da provincia de Ourense dentro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

—Canto tempo leva investigando?

—Desde o ano 2015.

—Cal foi a súa última descuberta sobre os campos de concentración?

—Máis que sobre os campos de concentración, ‘descubrín’ a un deportado da miña aldea, de Albarellos de Monterrei dunha forma totalmente casual. Visitando o campo de concentración de Dachau (preto de Múnic), púxenme a ollar o libro dos mortos e, entre miles de mortos, fun dar con Nicolás Rodríguez de Alvarellos. Cando regresei, mirei no rexistro civil do meu concello, emocionándome cando se confirmou que si era meu veciño. A súa familia pensaba que desaparecera na Guerra Civil.

—Visitou algún campo de concentración?

—Si, visitei a maioría dos campos do sur de Francia onde estiveron recluídos os exiliados republicanos, desde Argelès-sur-Mer a Gurs, en Alemaña o de Dachau e, en Austria, o campo central de Mauthausen e varios subcampos dependentes daquel, entre eles Gusen, ‘o matadoiro’, e o mosteiro de Sankt Lambrecht, onde estivo encerrado varios anos Joaquín.

Tamén visitei o campo de concentración de Peniche, en Portugal. E claro, pasei por moitos dos lugares onde houbo campos de concentración durante o franquismo. Pero en España non se recuperaron eses lugares para aprender do pasado, e a maioría están abandonados sen ningún recordo do que alí aconteceu. E isto, entre outras cousas, é un insulto ás persoas que alí morreron e sufriron.

—Cal foi o campo de concentración máis mortífero?

—En número de mortos o de Auschwitz-Bikernau, con arredor dun millón de vítimas do gas e da tortura.

—En que campos de concentración houbo máis galegos?

—Como no caso dos españois, no campo de Mauthausen, onde se calcula que estiveron uns 200 galegos, morrendo máis da metade.

—Había crianzas no KL Mauthausen?

Que eu saiba, crianzas non. Pero si houbo adolescentes que chegaron cos seus pais no convoi coñecido como El convoy de los 927. Moitos deles xogaron un papel importante no ‘roubo’ das fotos do campo encabezados por Boix, ‘o fotógrafo de Mauthausen’.

Tamén podemos destacar a un neno xudeu, Siegfried Meir, chegado a Mauthausen desde Auschwitz, ao final da guerra. Seus pais foron asasinados no campo polaco e foi adoptado por un preso español, Saturnino Navazo, o mellor do equipo de fútbol dos deportados españois. Podedes ver a súa fascinante historia neste programa de Informe Robinson.

—Sabe se alguén segue vivo a día de hoxe despois de saír do KL Mauthausen?

—Non sei se doutras nacionalidades, pero o último español faleceu (en Francia) o 4 de outubro de 2020 aos 101 anos, Juan Romero Romero.

—Cal é o mellor libro e película sobre o KL Mauthausen?

—É difícil sinalar un como o mellor. Pero atrévome a recomendarvos o libro de Carlos Hernández: Los últimos españoles de Mauthausen; o cómic Deportado 4443, de Ioannes Ensis e Carlos Hernández que conta a historia dun deportado en forma de chíos; e os libros de memorias de Mercedes Núñez Targa, El valor de la memoria.

Respecto das películas, os documentais que vos liguei están todos moi ben. Pero tamén podedes ver o documental da TVG no que sae Joaquín (o único en galego): Regreso ao campo da morte, ou a película El fotógrafo de Mauthausen. Na paxina de Carlos Hernández deportados.es tedes unha información completísima sobre os deportados, con moitas biografías, e un extraordinario documental.

—Como descubriu que en Celanova houbo un campo de concentración?

—Non recordo cando foi, pero xa hai moitos anos. Foi porque unha muller da miña aldea estivo varias semanas presa aquí. Como ocorreu con moitas outras mulleres, foi detida por estar casada cun militante da esquerda. O marido fuxiu e para obrigalo a entregarse detiveron a muller.

Non souben como foi exactamente o que viviu a miña veciña (a familia prefire non falar), pero en xeral a detención significaba o rapado do pelo, tragar aceite de rícino (o que lle provocaba diarrea) e outras humillacións e torturas, incluída a violación.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

433 usuarios han votado por esta noticia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies