CPI Domingo Fontán (Portas)
Profesores:
  • María Roma Oubiña
  • Xan Constenla Novoa

Hai no Concello de Portas unha magnífica obra de arquitectura que aínda hoxe sorprende a todos pola súa maxestuosidade. Trátase da Azucreira, un símbolo do que ocorreu en Portas a finais do século XIX. As ruínas espertan moita curiosidade entre os máis novos e a xente que se achega a coñecela.

A historia da azucreira de Portas remóntase á perda das colonias de Ultramar en 1898, que abastecían o mercado nacional de azucre. Como consecuencia, o Estado fomentou a instalación de fábricas azucreiras por todo o territorio. En Galicia construíronse dúas: a de Portas e a de Padrón. En xaneiro de 1899 unha comisión, formada por enxeñeiros alemáns e un grupo de capitalistas galegos, buscan terreos para instalar unha fábrica na provincia. O concello de Portas reunía todas as condicións solicitadas, a estas engadíuselle a proximidade da estación ferroviaria.

En febreiro de 1899, constitúese na Coruña a sociedade «Azucarera Gallega». Entre os seus integrantes figuraba o caldense Laureano Salgado. Debido ao seu empeño en seguir de preto os labores de construción solicitou o establecemento dun fío telefónico desde a súa casa á fábrica.

Creación da empresa

A Azucreira facilitaba o cultivo aos agricultores

Chegada en barco dos materiais para a fábrica

Os materiais chegaron dende Alemaña

A Azucreira buscaba traballadores

Acta de defunción de herr Emilio Jurges

Almacén da empresa

Houbo que convencer os labregos das vantaxes que supuña o cultivo da planta. O semanario Fray Prudencio fixo unha gran campaña en pro da azucreira. Esta puido ter cambiado a vida dos portenses e dos habitantes das comarcas dos arredores, mais moitos labradores foron reticentes a dar ese paso aínda que se lles prometera o subministro de semente, abonos ou millo para autoconsumo. A maquinaria e o persoal para dirixir a montaxe, entre eles o enxeñeiro herr Emilio Jurges, que falecerá na fábrica, chegan desde Alemaña, ao mesmo ca abonos, carbón ou millo. O desprazamento faise vía marítima ata Carril ou Vigo e logo en ferrocarril.

Os autores da reportaxe

Traballaron nesta reportaxe rapaces de 2.º ESO A e B. Eles investigaron a historia da azucreira, a visitaron e recorreron, e contaron con información documentada de Arturo Fontán, concelleiro de Portas; do conserxe do complexo, Ramón e tamén obtida no propio concello, dende a alcaldía á biblioteca.

LISTAXE DE 2.º ESO-A: Nuria Angueira Varela, Sara Barreiro Sánchez, Natalia Caamaño Arzúa, Joel Collazo Solla, Alejandro Conde Jamardo, Iago Cores Diéguez, Anxo Diz Piñeiro, Marcos Esperón Castro, Daniel Lago Rodríguez, Hugo Rebón Diz, Ekaterina Rebón Fedorova, Antonio Rey Rivas e Noa Rodiño Piñeiro.

LISTAXE DE 2.º ESO-B: Paula Alonso González, Denis Amor Carreira, Aroa Caeiro Domínguez, Carla Diz Dafonte, Bianca Fariña Rio, Xurxo Feixó Coba, Nerea Filgueira Ortigueira, Laura González Asperez, Yago González Rodríguez, Carla Ocampo Lafuente, Lucía Piñeiro Pérez, Julio Rey Rivas y Sabela Villanueva Solla.

Precisáronse máis de 300 traballadores para a construción e posterior posta en funcionamento da maquinaria: albaneis, canteiros, ferreiros, persoal de oficina, técnicos, e a maiores os labregos.

caldasdereisysalgado.wordpress.com

En 1900 obtívose a autorización para coller 100 litros de auga por segundo do río Chaín. Un túnel de 30 metros vai desde o pozo, o Calvario, ata a casa de bombas. A cheminea de ladrillo ten de 65 metros de alto e a cementación de entre 4 e 6 metros de profundidade. A altura das paredes era de 15 metros. O edificio principal é un rectángulo de 95 metros de lonxitude por 20 de ancho, sen ter en conta as casas de bombas, as das caldeiras, os fornos da cal, a dirección e os laboratorios. En outubro de 1900 inaugurouse a obra, funcionou con total precisión. Á inauguración asistiron diversas personalidades.

Para o subministro de material co que facer o azucre, cultivouse remolacha en diferentes zonas: A Toxa, Vigo, Tui, Ribeira, A Pobra… En Portas centrouse o cultivo en terras de Chaín, Pedras e Paraíso. O primeiro día moéronse 250 toneladas transportadas desde Vigo, pertencían ao alcalde, Antonio López Neira.

docportas.wordpress.com

Na xunta xeral de accionistas de decembro de 1903, acordouse a integración da azucreira no trust da «Sociedad General Azucarera de España», pero pechou ao ano seguinte case simultaneamente coa de Padrón. A fábrica fracasou por dúas razóns. En principio, pola incapacidade para abastecerse de remolacha, a pesar das campañas desenvolvidas para convencer aos labregos dos beneficios que conseguirían sementando as súas terras; ademais, a evolución do mercado español foi determinante, xa que se multiplicaron as fábricas. A produción superou á demanda, o que fixo que caeran os prezos en picado. En 1906 fálase da posibilidade de retomar os traballos, mais todo quedaría en nada.

A maquinaria desmontouse en maio de 1911, para trasladala a Híjar, en Aragón. En xullo propúxose dinamitar a cheminea mais descoñécense as causas polas que non se realizou, tal vez, polo elevado custe económico.

Laureano Salgado, en 1928, intentou recuperar a azucreira para crear nela unha granxa. Púxoo en coñecemento do agrarista Basilio Álvarez para que este convencera ao director xeral de Agricultura, quen prometeu prestar apoio, mais o prometido nunca chegou. Intentouse instalar unha fábrica de tecidos e de fibras de madeira, pero o proxecto non callou. A pesar das especulacións expostas, o único para o que parece que se utilizou foi como almacén dunha explotación agraria durante a posguerra (despois do 1939).

Logo de practicamente un século de abandono, o Concello de Portas, no 2003 adquiriu o recinto e realizou as obras de rehabilitación, enriquecendo así o patrimonio e cultura locais. Construíuse un auditorio, unha escola infantil (comezou a funcionar no 2006 como a primeira galescola da comunidade, hoxe A Galiña Azul), no 2008 inaugúrase o Centro de Día e colócase o mirador metálico da cheminea (un elevador polo interior e arredor dela unhas escaleiras exteriores).

Non é raro que, unha vez enriba desta estrutura, xurda unha pregunta: como sería Portas se non fracasase este excepcional proxecto industrial?

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

28 usuarios han votado por esta noticia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies