- Artai Amarelle Sánchez
- Elisabeth Castro Redondo
- Daniela Domínguez Gómez
- Adrián Formoso Sánchez
- Gabriel García Rodríguez
- Sabela García Santamarina
- Elsa Hernández Naya
- Salomé Longueira Barral
- Asier Marcote Fandiño
- Ainhoa Mosquera López
- Claudia Pereira Rey
- Lidia Rodríguez Vázquez
- Nerea Castrillón Soto
- Chanel de los Santos Rivas
- Sofía Díaz Folla
- Xabier González Tomé
- Kiara Rocío Hernández Ferreira
- Pedro Liñeira Castro
- Mateo López Lata
- Obdulia Seijo Gómez
- Carlotta Seoane Rivera
- Laura Taboada Mourelo
- Martín Teijeiro Nogueira
- Jerónimo Vázquez Tomé
- Carlota Vilariño Souto
- Izan Villar Bocija
- Lucas Vidal Belmonte
- Lucas Fernández Breijo
- Héctor Ferreiro Lagares
- Nicolás García de Longoria Touriño
- Bryan Henrique Ramos Miranda-Silva
- Serigne Fallou Sow Tall
- Daniel Francos Vázquez
- David del Río
En este reportaje analizamos el uso del gallego entre los adolescentes de la comarca de Betanzos. Los datos reflejan que su uso es escaso frente al castellano. Aun así, los docentes entrevistados mantienen la esperanza en que el gallego vuelva a ser una lengua popular entre los jóvenes.
En octubre del año pasado el Instituto Galego de Estatística (IGE) publicó unos datos bastante negativos con respecto al uso del gallego. Entre ellos, que el 30 % de los habitantes de la comunidad utilizan únicamente el castellano en su día a día. Y lo más importante: el número de personas que habla solo castellano supera, por primera vez, al de los que hablan únicamente en gallego. Otro dato llamativo es que un tercio de los menores de entre 5 y 14 años (un 32 %) confiesa tener escasos conocimientos de gallego.
En 1.º de ESO del IES As Mariñas, a partir de los resultados de esta encuesta, nos propusimos investigar cuál es el uso real del gallego entre los adolescentes de Betanzos y sus alrededores. Para ello decidimos hacer, en primer lugar, una encuesta en diferentes centros educativos de la zona. Las edades de las personas participantes está entre los 10 y los 18 años, ya que limitamos nuestra encuesta a alumnado de 6.º de primaria y de los cuatro cursos de la ESO. En total, hemos realizado 273 cuestionarios.
Los centros encuestados fueron tres de Betanzos (IES As Mariñas, IES Francisco Aguiar y CPR Nuestra Señora del Carmen), uno de Oza (CEIP Oza dos Ríos) y uno de Cesuras (CEIP Bragade). La mayor parte del alumnado de estos centros pertenece a Betanzos (118 encuestados) y a Oza-Cesuras (99 encuestados), pero también están representados los municipios de Coirós, Paderne, Miño, Aranga, Abegondo, Bergondo, Curtis, Irixoa y Sada.
El resultado más relevante de nuestras encuestas es que el gallego no es una lengua muy usada entre los adolescentes de nuestra comarca. Menos del 8 % de las personas encuestadas hablan gallego: un 4 % lo utiliza siempre y un 3,29 % casi siempre. Por el contrario, prácticamente el 70 % de los encuestados habla siempre o casi siempre castellano. El 21,6 % restante alterna las dos lenguas a la hora de expresarse.
Este dato es llamativo si tenemos en cuenta que en más de un 63 % de los hogares de estos adolescentes se utiliza con frecuencia el gallego, ya que solamente en el 35 % de las casas se habla únicamente en castellano. Esta información confirma la opinión de Elena Veiga Rilo, profesora de Lingua Galega del IES As Mariñas, que afirma que «hai moita xente que no instituto fala castelán por presión social, pero na casa fala galego».
En cuanto al uso del gallego en las redes sociales o internet, el gallego vuelve a ser mucho menos empleado que el castellano: solo un 2,93 % usan únicamente el gallego en este ámbito. En cambio, el 71 % utiliza siempre el castellano. El 24,9 % restante reconoce usar ambas lenguas.
Otra pregunta planteada en las encuestas fue la lengua utilizada por los adolescentes con sus amistades. Los resultados vuelven a ser similares a los anteriores: solamente un 1,83 % asegura hablar siempre en gallego en este contexto, mientras que casi el 60 % utiliza el castellano como única lengua.
La última pregunta de nuestra encuesta tenía como objetivo conocer el nivel de conocimiento de gallego entre los adolescentes. Aquí encontramos unos datos positivos que contrastan con los anteriores: frente a lo que decía el estudio publicado en octubre por el IGE, la mayor parte de los encuestados dice que su nivel de gallego es muy bueno o aceptable. En concreto, un 42,1 % afirma que su conocimiento es «bastante bueno» y un 51,6 % lo considera «aceptable». El porcentaje de los que lo consideran «malo» es de 5,12 %.
Otra conclusión que podemos extraer del resultado de nuestras encuestas es que en las zonas más urbanas el uso del gallego es menor. A pesar de que el número de encuestas analizadas no es tan numeroso como para sacar grandes conclusiones en este aspecto, sí se nota que en Betanzos, el municipio más urbano de los que estamos analizando, es en el que menos gallego se habla. Por ejemplo, mientras que en Betanzos solo el 0,84 % de los adolescentes asegura hablar siempre en gallego, en Oza-Cesuras ese porcentaje sube a un 6 %. En Aranga, por ejemplo, aun teniendo en cuenta que el número de encuestados es muy bajo, el porcentaje de hablantes de gallego asciende al 42,8 %. También lo apreciamos en otros datos como en la lengua que se habla en los hogares: mientras que en Betanzos solo en un 3,38 % de las casas hablan siempre en gallego, en Oza-Cesuras se utiliza en un 22,2 % de los hogares.
En general, todos estos datos nos llevan a la conclusión de que en los adolescentes el uso del gallego es mucho menor al de castellano. A pesar de estos datos, Elena Veiga mantiene la esperanza en que «esta situación se chegue a reverter». Desde su experiencia como profesora de Lingua Galega, a pesar de notar la presencia de prejuicios, también ve «actitudes positivas» hacia el gallego, sobre todo en el alumnado más joven.
«Non hai mellor defensa dunha lingua que o seu uso»
Para coñecer a súa opinión sobre a situación do galego na actualidade, tivemos a sorte de poder entrevistar a Carlos Callón, escritor e profesor implicado desde hai moitos anos na defensa da lingua galega, ao que lle agradecemos esta oportunidade.
—Vostede leva tempo exercendo a docencia a diferentes niveis. Como ve a situación do galego na actualidade entre a xente máis nova? É tan mala como pensamos?
—É ruín e, de feito, por un lado, dino os estudos. Mais, en realidade, os estudos o que fan é constatar o que, se damos un paseo polas nosas rúas, vemos. A xente, conforme ten máis anos, fala máis galego e a que ten menos anos fala menos galego. A pregunta que nos temos que facer é por que. Que está a pasar para iso? Unha resposta fundamental é que non temos igualdade de oportunidades para poder escoller o galego. Non, porque se de verdade puidésemos desenvolver a nosa lingua con normalidade esta situación sería moi diferente. Eu quero, por exemplo, dar un dato. Din as estatísticas que ao redor do 15 % da xente nova fala galego a día de hoxe, que é a porcentaxe máis baixa desde que o galego existe; nunca houbo unha porcentaxe tan baixa. Mais, claro, onde hai un 15 % de radio en galego? Onde hai un 15 % de televisións, de xornais, de cinema? Entón, se se abren as portas como é debido para a nosa lingua, a situación vai mudar. Porque a xente, mesmo moita xente que non fala galego no día a día, ama o galego e quere que se promova o galego. E iso é moi importante.
—Que medidas pensas que deberíamos tomar para cambiar esta situación?
—Individualmente hai tres verbos fundamentais que temos que conxugar. Usar: non hai nada máis revolucionario ca iso. Non hai nada mellor que usar a nosa lingua con normalidade. Despois escoller alí onde teñamos opción de escoller. Se nas redes sociais podemos poñer a opción en galego, pois escollemos o galego. Se hai películas ou series en streaming en galego, escollamos o galego. E, despois, hai un terceiro verbo que é solicitar, preguntarlle ás veces á xente que dá por feito que o galego ten que estar excluído nunha tenda que vemos que non está en galego, que non nos dan a opción en galego, non poñen o sinal en galego… Preguntarlle: «Por que non?». Preguntarlle cun sorriso, non se trata de ir enfadado. Entre estes tres verbos, o máis importante é o primeiro, usar, non hai mellor defensa dunha lingua que o seu uso. Iso a nivel individual, mais despois temos que bater nas portas das administracións para dicirlles: «Eh, poder usar o galego é un dereito democrático!». Por tanto, as administracións teñen que garantir que as persoas poidamos usar a nosa lingua con normalidade. Que non se impida en ningún ámbito que todas as persoas que queiramos escoller vivir en galego poidamos facelo.
—Que cres que está facendo ben e que está facendo mal a Administración respecto a este punto?
—Hai administracións locais que están facendo cousas ben. Sexan concellos, algunhas deputacións que fan o que está na súa man… Son as únicas das que podo dicir que están facendo as cousas ben. Despois, no que é o Goberno galego, a Xunta, non está a cumprir coas súas obrigas. E xa non é que o diga eu, porque hai institucións, mesmo a nivel europeo, que din que non está a cumprir. O Consello de Europa cada tres anos lémbralle á Xunta que non está a cumprir con tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos. Que hai un decreto no ensino que limita o galego na educación e ese decreto non cumpre tratados internacionais. E que calquera persoa que queira poder acceder a unha xestión en galego debería poder facelo, e non é
así. Ou, por exemplo, din que tiñamos que ter unha radio e unha televisión privadas en galego e que as públicas deberían emitir tamén con normalidade na nosa lingua. Ou din que deberiamos ter unha conexión cultural con Portugal que non temos. Entón, como pode ser que a un goberno lle digan, desde un organismo internacional coma este, que ten que cumprir unha serie de normas e o Goberno faga como que non pasa nada? É unha irregularidade democrática.
—Como ve o uso do galego no ámbito educativo?
—Con preocupación tamén, porque se vai para atrás. Agora hai un decreto que limita o galego e que o prohibe nalgunhas materias. O que pedimos as persoas que defendemos a nosa lingua e que reclaman tamén organismos internacionais é que esas condicións desaparezan. Que se poidan imprimir de novo, como hai uns anos, libros de Matemáticas en galego. Prohibido prohibir, iso é o primeiro. E despois debería estimularse para podermos ter materiais de todo tipo no noso idioma, porque mesmo hai materias que teñen que impartirse en galego, como Xeografía e Historia, e o profesorado fai o que pode. Hai algúns materiais, pero despois non encontras vídeos educativos… Se o Goberno tivese un cariño pola nosa lingua faría posible que tivésemos eses materiais. Son cousiñas que, en realidade, non son custosas. Son máis de cariño e de ter un pouco máis de xestión a favor da nosa lingua.
—Ten esperanza de que a situación do galego mellore no futuro?
—Si, moita esperanza, e non unha esperanza parva. Non é porque pense que as causas teñen que ir ben, porque a vida dá golpes e hai momentos de tristeza, de dificultades para todo, e tamén para a lingua e para a cultura. Mais o que pasa é que a xente pensa que o galego, como tivo máis falantes no pasado e agora ten menos, o que vai pasar a partir de agora e baixar o número de falantes ata desaparecer. E iso pode acontecer, pero tamén pode non acontecer. Hai moitos motivos para pensar que non. Para comezar, iso non vai así. A historia non está escrita. A historia facémola todas e todos. Hai décadas, que houbese unha moza coma ti estudando e facéndome estas preguntas sería inimaxinable, porque habería trogloditas que dirían: «Unha muller non serve para estudar!», «unha muller non serve para falar nun programa de entrevistas!»… Había xente que o dicía e aínda hai algúns que o pensan, mais había xente con moita máis forza. E a historia tamén nos dá sorpresas e moitas veces somos capaces de abrir portas cara ao futuro. Eu penso que hai varios motivos para a esperanza. Tres especialmente. O primeiro que antes comentaba de que a xente ama o galego. Pode non usalo moita xente, e hai algúns que non o aman e están en contra de calquera tipo de diversidade, mais unha minoría. A inmensa maioría da xente, fale a lingua que fale, ama o galego. Ollo, quero convidar a esa xente a que pasen a usalo. Mais iso é importante, porque hai xente que di que quere máis radio en galego, máis dereitos en galego, máis administración en galego… Iso é o importante: que ese amor exista. Despois, outra cuestión: entre o galego e o castelán non estamos falando do mesmo que entre o chinés e o inglés. Estamos falando de dúas linguas próximas. É posible aprendelas, posible practicalas e posible melloralas. Entón é posible facer o camiño de volta para o galego. Non se trata de algo imposible de realizar. E despois hai un terceiro elemento que non estamos valorizando, mais que está aí. É a cuestión de que o galego fai parte dun sistema lingüístico máis amplo que é o galego-portugués. O chamado internacionalmente portugués naceu no reino galego. Iso historicamente é innegable. Se fósemos capaces de relacionarnos con ese resto do sistema lingüístico tan importante de Portugal, Brasil, Angola, Mozambique… En fin, lembrémonos de que o portugués é a lingua máis falada do hemisferio sur do planeta. A presidenta do banco dos BRICS é brasileira. Se fósemos capaces de conectarnos con ese sistema lingüístico a situación tamén mudaría moito. E imos ser capaces.
—Por que decidiu desde moi novo dedicar parte do seu labor profesional a defender e dinamizar a lingua galega?
—Porque me fai a vida mellor. Eu, a verdade, en primeiro da ESO aínda non tiña as cousas moi claras. Aínda tardei un pouquiño máis. No equivalente a 4.º da ESO, ao pasar a 1.º de bacharelato. Para min ese foi o momento no que dixen: isto non ten ningún sentido. Eu sentín que me ocultaran demasiado tempo o valor da miña lingua e a miña cultura e pensei que o que a xente da miña familia falaba debería poder utilizarse con maior normalidade. Pensaba que a xente máis vella da miña familia moitas veces non era consciente dos tesouros que tiña, do que valían os contos e os cantos, que non sabían nada de literatura galega. Foi como encontrar un tesouro agochado e pensei: pois isto ten que coñecerse e usarse con normalidade e
parecíame por iso unha causa fundamental. Ás veces teño dificultades por apostar pola miña lingua. Ás veces teño esas dificultades inxustas, mais faime a vida moito mellor. Eu non falo galego por masoquismo nin disfruto o galego por masoquismo. Faime a vida moito mellor e non saben o que están a perder as persoas que non deron o paso.
—Cres que hai moita xente maior que ten medo a seguir contando cousas que pasaron antigamente sobre o galego?
—Sobre moitas cousas, mais é importante falar coas familias, preguntarlles. Moitas veces a primeira resposta que nos dan é que non pasou nada. Despois, pensan un pouquiño e conversar coas familias sempre é útil. Eu lémbrome, por exemplo, de que lle preguntei á miña avoa por Daniel Castelao, que era de preto de onde eu nacín, e ela díxome: «Shhh, Carliños, desas cousas non se fala!». Ela non sabía ben quen era Castelao. O único que sabía ben de Castelao era que non se podía falar del. Pois teño que corrixir á miña queridísima avoa nese punto: non só non se fala, senón que temos que falar.


