Instituto Fontexería (Muros)
Alumnos:
  • Iria Zubiela
  • Laura González
Profesores:
  • Fernando Pérez Torres

A pesca supón para Muros unha das máis importantes fontes de ingresos, segundo datos do ISM (Seguridade Social) e da confraría de pescadores. Na lonxa de Muros vendéronse máis de 985.000 quilos de peixe no 2019 por un importe de máis de 3,3 millóns de euros, que aínda que son cifras importantes atópanse lonxe dos máis de 4 millóns de quilos vendidos no 2017 por máis de 7 millóns de euros. No sector pesqueiro están empregadas sobre 500 persoas en Muros.

Como todo mercado, ten tres elementos fundamentais: oferta, demanda e produto que se intercambia. A oferta está formada polos pescadores que venden o seu peixe na lonxa; a demanda serían os compradores que asisten ás poxas; e o produto que se intercambia é o peixe.
Este sistema ten o seu inicio cos pescadores que van ao mar en busca de peixe. É o caso de Juan, patrón do barco Meira da costa, e David, mariñeiro de baixura. O que máis pescan son xurelos, xarda e polbo. Para isto, Juan de vez en cando pasa algún que outro día fóra da casa, en cambio David ven tódolos días a terra. Precisamente a Juan unha das cousas que menos lle gusta do seu traballo e que non lle pode dedicar todo o tempo que quere á súa familia. El está arredor de oito horas diarias pescando, e por iso cando non sae ao mar debido ao mal tempo, o aproveita: «Hai veces que ata agradezo algún día de relax sen saír ao mar arranxando algún aparello», comenta.

Vendedores e compradores da lonxa cren que o prezo do peixe non compensa o esforzo de collelo

En xeral, no sector portuario de Muros, tanto pescadores coma compradores, todos pensan que o prezo do peixe non lles compensa en relación ao esforzo que supón levalo ás mesas. Juan pon coma exemplo que el ten vendido pescadilla a tres euros o quilo, e despois ve no mercado que pode estar a 12 euros. Estes prezos dependen da oferta e da demanda e poden variar segundo a época do ano, por exemplo en entroido baixa porque a xente prefire comer carne.
Lola, unha compradora nas poxas e vendedora ambulante que fai máis de 300 quilómetros diarios na súa furgoneta para chegar ás aldeas e vilas nas que reparte o peixe, explica que a súa profesión ten un risco importante de perda de cartos. Ela non ten unha venda garantida e o peixe non se pode gardar moito tempo: «Sempre podes ter unha mala xogada».

POUCA COMPRA POR INTERNET 
Os prezos do peixe determínanse nas poxas que se celebran todas as tardes na lonxa, de luns a venres. Ao contrario de moitas poxas, nas de peixe o poxador empeza desde unha cantidade moi alta e comeza a contar cara atrás; o comprador, cando o poxador chega a cantidade que cree axeitada, mándalle parar. «Con este sistema trátase de aforrar tempo», din na empresa Curropesca. Aínda que en moitos sitios estaban poxando o peixe por Internet, en Muros «non hai unha gran cantidade de peixe, e así o beneficio tamén queda na zona». Nestas operacións, explica Kiko, outro comprador da mercadoría, soen comprar entre 80-100 quilos.

Ademais da venda, unha labor social

É fácil pensar que este traballo só consiste na compra e na venda do peixe; o que pouca xente ve é a labor social que fan. Nalgúns casos véndese a casas particulares e iso, na Galicia cada vez máis baleira, é unha labor importante: «Queiras que non, acabas coñecendo á xente, sabes os seus horarios e a súa vida», din Lola. Ela recoñece que non é a primeira vez —nin desgraciadamente será a última— que atopou a persoas maiores tiradas no chan da vivenda; nese momento, Lola toma as medidas necesarias. Outras veces, hai familiares que cando os seus pais non lle collen o teléfono chámana a ela por se sabe algo. A parte humana en sen dúbida a máis importante, pero hai outra labor fundamental nos sector: a limpeza de lixo no mar. Juan recorda que hai dez anos que fai eses traballos nas augas de Muros, unha labor que nunca termina.

«Avisáronos e cando chegamos vimos as balsas no mar, estaban afundindo e fomos capaces de rescatar a 4 persoas»

De cando en vez, a pesca é noticia por un sucesos. É un traballo perigoso e quen máis quen menos ten algún suceso que contar. Juan é un deles: «Estabamos navegando —rememora— cando de repente saltounos o aviso de que un barco que navegaba a unha milla de nós precisaba axuda». A alerta chegou por Fisterra tráfico, o servizo que regula o tránsito de barcos por diante da costa galega e que se encarga de ordenar o paso de barcos e por suposto de axudarlles. Nese aviso dixeron que «o noso era o barco máis preto».

Juan e a súa tripulación non dubidaron en abandonar as súas tarefas e dirixirse ao rescate porque ante todo está a solidariedade entre o colectivo. É unha norma no mundo do mar: grandes ou pequenos, todos se axudan. «Cando chegamos vimos as balsas no mar, estaban afundindo e fomos capaces de rescatar a catro persoas», explica emocionado. Outro barco de Fisterra rescatou a dous máis. «Unha delas sufría inicios de hipotermia, e como o forno estaba prendido, abrímolo e puxémolo cerca para que fora entrando en calor, e deixámoslle a todos a nosa roupa». Foi emocionante e reconfortante, aínda que por desgraza «un dos que estaba no barco desapareceu e outro morreu».

PREMA AQUÍ PARA VER O VÍDEO DA ENTREVISTA

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

184 usuarios han votado por esta noticia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies