- Alumnos de 2.º de ESO
- María Vila Cid
Estamos ante momento galego histórico: o ano pasado celebráronse os 100 anos da Revista Nós.
A Xeración Nós, tamén coñecida como Época Nós, fai referencia a un grupo de autores que, relacionados coa Revista Nós, marcan unha das épocas culturais máis relevantes, non só da Galicia de preguerra, senón de toda a historia de Galicia.
Todo xira arredor da Revista Nós, publicada integramente en galego entre 1920 e 1936. Todo tipo de contidos: literarios, filosóficos, políticos, entre outros, formaban parte de cada un dos números que se publicaban. Impulsada polo ideólogo Vicente Risco, sempre quixo atopar colaboracións fóra da pequena provincia para poder darlle á revista un carácter nacional e incluso europeo. A revista sempre estivo moi unida ao pensamento nacionalista e o seu principal obxectivo foi normalizar o uso do galego en todos os ámbitos. Os deseños gráficos estaban presentes da man de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
A revista quería descubrir a identidade galega, polo que introducía investigacións sobre arqueoloxía, etnografía, historia e moitos outros temas. Houbo unha forte presenza doutras culturas, relacionadas cos gustos de Risco, como por exemplo, Francia e Alemaña. A situación sociolingüística, que era considerada semellante tiña gardado un pequeno recuncho, podíanse atopar artigos relacionados coa Bretaña, con Cataluña…
Unido a esta revista xorde o Grupo Nós, grupo de escritores ou literarios galegos que devolveron a Galicia un esplendor cultural que non se vía dende a época de Isabel a católica cando Galicia foi inxustamente marxinada na guerra pola coroa de Castela. Foron os maiores representantes dunha das mellores épocas vividas pola lingua galega, despois dun longo durmir cultural e social. Con eles, a prosa en lingua galega deixou de ser só cousa «rural» e «de costumes» e transformouse nunha arma que cambiou a literatura. Abriu camiños e portas antes pechados, sen soltar as humildes raíces, o cal desembocou nunha revolta literaria. Marcaron unha época, revolucionaria como é a Galicia de preguerra, que comezou cun simple título nunha revista provincial.
«Coa xeración Nós naceu o galeguismo, naceu outra mirada con respecto a Galicia»
ALBA PRIETO
Unha das características da xeración foi o seu afán divulgador, de compartir coñecementos. Hoxe fala diso unha mestra, Pura Álvarez, directora e profesora xubilada do CEIP de Punxín,
-Que opina da xeración Nós?
-Que foi unha xeración moi importante para a vida cultural de Ourense e de Galicia.
-A quen coñece do grupo?
-Pois aos máis representativos, ademais hai rúas en Ourense e institutos: Otero Pedraio, Blanco Amor, Florentino Cuevillas, Ramón Cabanillas, Antón Losada, e, por suposto, fóra de Ourense, Castelao.
-Influíu na súa vida a xeración Nós?
-Si, claro, porque a raíz desta xente naceu o galeguismo, naceu outra mirada con respecto a Galicia, máis progresista, máis en liña con Europa; é máis naceu o Estatuto de autonomía. Evidentemente iso influíu radicalmente na nosa nación galega e, polo tanto, na miña vida.
-Cre que a Guerra Civil influíu no final da xeración Nós?
-Enormemente, porque nos anos 20 Galicia levitaba a nivel cultural, a nivel político, a nivel social e todo iso se rompeu. Onde estariamos hoxe se iso tivese unha continuidade? Probablemente estariamos a nivel dos europeos de primeira liña.
14 usuarios han votado por esta noticia.
