A crítica que se fai ás persoas polo seu traballo desenvolvido na aula —neste caso, aos alumnos— pode resultar positiva ou negativa, segundo a súa obxectividade, capacidade de recibila e atención mesmo afectiva que leve consigo.
Pero a chamada precrítica, isto é, o temor ou a positiva conciencia que un alumno poida ter, ou imaxinar, cando un profesor lle encarga un traballo resulta moi decisiva. A indignante frase ou mesmo o xesto silencioso e case escondido «Que se pode agardar de ti..?» ou a estimulante palabra «Isto para ti, vénche moi ben e valo a facer estupendamente..!» son a maioría das veces provocadoras de ánimos e desánimos que, aínda que moitas veces non logren positivos ou negativos resultados nas respostas que se fan aos alumnos, condicionan non só o acerto ou desacerto que os alumnos poidan ter.
Así, por exemplo, na crítica de habituación: «Que se vai agardar de ti que sempre…?». Ou, ao contrario e positivo, lograr hábitos de estudo, ou che vai moi ben. Ou a de interese por un tema… «Isto a ti… vexo que non che vai». Coñeces un pouco o porqué e non dicir, sen máis, «Non me vai?». «É necesario pensar… no porqué e non dicir as cousas de memoria e sen máis, aínda que non veñan no libro…».
Ou a crítica de experimentación para comprobar resultados e non saber, sen máis, o que outros fixeron. Inducir e esixir a que comprobe en por si algúns dos resultados. Incitarlles a buscar información e non dicir, sen máis, o que outros opinan.
Inventar, ensaiar, analizar a propia organización do grupo de traballo nos seus tempos e recursos para a organización do grupo.
O valor do «pre-»
En xeral, case sempre se inviste tempo na avaliación post de sistemas de resultados dunha investigación, o cal é lóxico no adestramento dunha investigación de ritmo escolar. Pero o valor do pre- marca unha eficacia moito maior, aínda que non poida facerse con moito rigor en cada unha destas dez palabras claves: habituación no traballo, moralización, animación, reflexión, modelización, experimentación, información, organización… Son os mellores brindes por un traballo eficaz e claro.
ACTIVIDADE
Buscade no xornal noticias que inviten a ampliar a información que ofrecen. Por exemplo, tras as tormentas destes días en case toda España, pódese facer unha comparación sobre a cantidade de chuvia caída naqueles lugares que peores inundacións sufriron.