SARA CARREIRA

Como poden os nosos rapaces saber se unha noticia é crible? Podemos aprenderlles as bases das novas e a responsabilidade da súa publicación, pero en La Voz de Galicia pensamos que o mellor xeito para que os estudantes aprendan é facendo. E por iso La Voz de Galicia e ENCE organizamos un certame no que os alumnos de ESO, FP e bacharelato teñen que facer unha reportaxe, homologable coas profesionais, que poderá aparecer nas páxinas de La Voz de Galicia, en papel.

Vantaxes

Investigación. Unha das claves dunha reportaxe é a investigación, un traballo previo que os alumnos terán que facer. Se complementa coa entrevista a expertos e afectados para entender o asunto a tratar e os seus diferentes puntos de vista. Só con estas dúas accións os rapaces poderán detectar no futuro cando unha noticia non é tal.

Redacción. Ademais de saber se unha noticia é crible ou non, con este certame os rapaces mellorarán na súa expresión escrita, xa que deben resumir ideas, entrevistas e análises.

Apoio de xornalistas. Os profesores participantes terán un xornalista asignado para que lle pregunte todas as dúbidas, fale cos rapaces e despois edite a reportaxe para cumprir coas normas de estilo de La Voz de Galicia.

Premios

ENCE. Na categoría ENCE temos 5 premios: un por cada provincia e un de Galicia. Os provinciais consisten na publicación da reportaxe nas páxinas de local das edicións da provincia. O Galicia, pola súa banda, supón a publicación nas páxinas de xeral do xornal, e máis un agasallo para o profesor e para os alumnos participantes.

Xenérica. Na categoría xenérica, o premio é a publicación nas páxinas de xeral do xornal.

Temática

ENCE. As reportaxes publicadas na categoría ENCE deberán versar sobre a sustentabilidade no entorno rural, agropecuario e forestal. Por exemplo, pódese falar da xestión forestal como fixadora de poboación e algún caso; de boas prácticas en montes comunais o en cooperativas; dos novos empregos que xera o mundo rural; das comunidades enerxéticas; sobre a xestión dos residuos forestais e agrícolas; sobre o I+D+i do entorno agropecuario e forestal; ou do noso consumo e como afecta á contorna natural.

Xeral. O resto das temáticas van na categoría xeral, e recoméndase que sexan asuntos que lles toquen de cerca aos alumnos, que este traballo sirva para entender algo que lles interese.

Prazos

Inscrición. Este concurso está pensado para profesores, que son os que teñen que inscribir ao seu grupo. Pode ser unha clase enteira o un pequeno colectivo de rapaces. O que queira o docente. Ten ata o 22 de decembro para anotarse e o debe facer mandando un correo a periodismoenlaescuela@prensaescuela.es, con o seu nome e apelidos, centro educativo e localidade, materia e curso, así como un teléfono e un correo de contacto.

Publicación. Entre o 10 de xaneiro e o 29 de maio publicaranse as reportaxes, cunha noticia nestas páxinas e a publicación da reportaxe na web prensaescuela.es.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies