OLGA SUÁREZ

O día 31 de outubro remata o prazo para participar no concurso de fotografía O recuncho secreto. o noso primer concurso mensual para estudiantes de ESO, bacharelato e FP. O 8 de novembro publicaremos nestas páxinas a foto elixida. Recorda que para participar tes que ser estudante nun centro galego e mandar un correo electrónico (concursos@prensaescuela.es) coa foto e unhas liñas que a expliquen.

De texto, o necesario

O texto que acompaña a foto non ten un tamaño determinado, pero non queremos que te compliques: o que tes que facer é explicarnos onde tomastes a imaxe e por que ese é o teu recuncho secreto. Nada máis. Non esquezas engadir o teu nome e estate pendente porque se gañas, te avisaremos para, de seres menor de idade, nos mandes a autorización dos teus pais para publicar o teu nome no xornal.

Este é o primeiro concurso dos nove que estreamos este curso, un por mes, e que teñen como obxectivo descubrir os teus talentos ocultos.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies