O Día Mundial do Leite (World Milk Day) celébrase todos os anos cada 1 de xuño. O seu obxectivo é resaltar a importancia para a saúde do consumo deste alimento.
O Día Mundial do Leite foi establecido pola Food and Agriculture Organization (FAO) no ano 2001, co propósito de informar á poboación sobre todos os beneficios deste alimento básico para o ser humano.
O Leite é un alimento esencial para o home, xa que conta con nutrientes que contribúen ao adecuado crecemento e desenvolvemento do neno. Contén nutrientes como proteínas, calcio, vitaminas A, B1, B2, B12 e D. As proteínas que achega son de alto valor biolóxico, necesarias para a formación de tecidos e o mantemento do organismo.
A FAO enumera os principais beneficios do leite:
■ As proteínas deste líquido branco provocan a sensación de saciedade. Por este motivo, tomada no almorzo reduce o sobrepeso.
■ O calcio que achega o leite ao organismo permítelle manter unha masa ósea sa e evita o deterioro coñecido polo nome de osteoporose, que consiste na redución da densidade dos ósos pola formación de espazos vacíos. A osteoporose debilita o óso e a súa consecuencia é unha maior probabilidade de sofrer fracturas.
■ Grazas aos minerais que achega, o leite é un alimento ideal para hidratarse.
A FAO recomenda, se aos nenos non lles gusta o leite só, que se lles ofreza en preparacións como arroz con leite, en froitas licuadas con leite ou en iogur.
Aos adultos tamén se lles recomenda consumir lácteos, pero é mellor que opten polos produtos desnatados, porque conteñen menos graxa saturada.
Actividades
1 | Por que o leite é branco? A resposta atopámola, tras unha curta investigación, na web La Saberoteca: t.ly/p3hU. Algo terá que ver co feito de que a cor branca é o reflexo de toda a luz que lle chega a un corpo.
2 | Que significa nutrientes?
3 | Tres claves que debe investigar a clase, dividida en tres subgrupos de alumnos, e expor logo en gran grupo: proteínas (1), calcio (2) e vitaminas (1) que proporciona o leite. Cal é a importancia para organismo de cada clave?
4 | En conclusión para todos: Por que o leite ten un alto valor biolóxico? Podedes defendelo?
5 | Gústavos o leite? Por que temos problemas para tomalo? Que remedios se inventaron para que os nenos acepten sen protestas un bo almorzo… con leite incluído? Que opinamos? Un amplo estudo ofrecido pola plataforma de responsabilidade social, Cuídate Plus, recomenda consumir leites adaptados aos diferentes requirimentos nutricionais de cada etapa da vida. Títulase ¿Por qué es bueno beber leche? Mitos y razones científicas (t.ly/GE4W).
6 | De todos os xeitos… feliz almorzo! E non te prives!