O vindeiro día 30 deste mes remata o prazo para enviar os traballos do concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, que este ano chega a súa edición número 20, o que o converte no certame máis veterano de Prensa-Escuela, a división educativa de La Voz de Galicia.
Nas bases deste ano (no lateral desta páxina, na publicidade do concurso) temos unha novidade: non hai que descargar ningún modelo, pódese enviar o traballo nun folio ou nun documento de Word. Iso si, ten que cumprir unha serie de normas. Todos os traballos deben incluír: nome e apelidos do alumno, súa idade, curso e nome (con dirección) do centro educativo, así como nome e apelidos do profesor que supervisa o traballo.

Os rapaces que fan un resumen dunha noticia (de 3.º a 6.º de primaria) non poden pasar das 100 palabras (titular aparte), de 400 se fan a entrevista (os da ESO) ou mesmo o artigo de opinión (os de FP e bacharelato).

O correo electrónico de envío dos documentos debe ser prensa-escuela@lavoz.es.

A dirección postal é:

Premio Mejor Periodista Infantil y Juvenil con La Voz de Galicia

Programa Prensa-Escuela. La Voz de Galicia

Avenida de la Prensa, 84-85

Polígono Industrial de Sabón

15143 Arteixo. A Coruña

 

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies