A profesora da aula hospitalaria de Ferrol Pilar Porta e a orientadora e asesora de formación Marta Peña presentaron a pasada semana un material didáctico moi especial: un pequeno teatro kamishibai (un teatriño xaponés) que serve para contar un conto sobre rapaces que teñen que pasar unha tempada nos hospitais.

O kamishibai do hospital: pílulas para un mundo mellor é a historia dun grupo de nenos hospitalizados que deciden ser proactivos e cambiar o seu mundo. Pilar Porta explicou que o material, que está previsto se distribuirá en todas as aulas hospitalarias galegas e haberá un exemplar rotatorio polas bibliotecas escolares, traballa o currículo escolar, pero tamén o galego, os obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU e a inclusión. «Fixemos este recurso para o aprendizaxe, para darlle espazo á nosa lingua e para falar da inclusión deste alumnado vulnerable. É unha historia que os empodera porque lles permite cambiar o mundo», comentou Marta Peña.

A presentación do material tivo lugar no CIFP Paseo das Pontes (A Coruña). Na mesa estaban, ademais das autoras, o director do centro (Pablo Sobrado, segundo pola dereita) e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García

Porta ademais destacou a valentía dos rapaces no hospital, como Noa, a protagonista da historia, que estivo na presentación. Esta celebrouse no CIFP Paseo das Pontes (A Coruña), cun acto no que estivo o director do instituto, Pablo Sobrado. O centro volcouse coa iniciativa, e de feito non só organizou un espazo para a presentación e un café posterior, senón que o departamento de repostería fixo unha galleta conmemorativa da presentación. Esta estivo presidida por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, de quen dependeu o proxecto; el mesmo agradeceu ás profesoras o traballo e recalcou que o apoio da secretaria xeral é total: «Se non estamos sensibilizados con isto, con que o estaremos? Porque unha hospitalización é un dos momentos máis sensibles da nosa vida».

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies