SARA CARREIRA 

O programa Prensa Escuela leva ás aulas La Voz de Galicia cada mércores, e os profesores participantes traballan con xornais nelas. Aínda que a meirande parte do traballo vai sobre a linguaxe usada no diario, ás veces as cousas cambian de rumbo. Como no colexio Pablo VI da Rúa, onde a profesora de Lingua Castelá, Ángeles Terrón, propúxolles aos alumnos participar cunha reportaxe no programa Xornalismo na Escola analizando a lectura do xornal. Metaxornalismo, como quen di.

Ángeles Terrón mobilizou tanto aos rapaces de primeiro de ESO como aos de sexto de primaria, aínda que o programa non está pensado para eles. Explicaba que o fixo porque «dada su edad, serían los que presentarían más carencias sobre el tema y también una mayor implicación. Por otra parte, es una forma de iniciar un aprendizaje gradual sobre los medios de comunicación para proseguir con el mismo en cursos posteriores».

Tiveron que loitar contra a pandemia, que lles impediu facer moitas cousas, como entrevistas cara a cara. Dada a idade dos nenos e a situación, Terrón decidiu sentar as bases da cuestión: «Quería explicarles qué es un periódico, quién lo lee, para qué sirve. Quería que valorasen la ayuda de La Voz de Galicia, que les regala diarios todos los miércoles». Entón decidiron preparar unha serie de preguntas para a enquisa, e non foi fácil: «Se plantearon cuestiones sencillas, pero para llegar a ellas hablamos mucho».

Sortearon as dificultades con vontade, e tecnoloxía: «Hicieron videoconferencias con la app que usamos en el colegio, y llamaban a la gente por teléfono».

Con todos os resultados acudiron ao departamento de Matemáticas para aprender os coñecementos mínimos da estatística e como facer un gráfico. Para os alumnos supuxo un reto e eles mesmos escriben: «Estamos muy contentos de haber vivido esta experiencia práctica y motivadora». Porque puideron «descubrir las posibilidades que ofrece un periódico además de divertirnos». Ademais, evitaron unha parte da aprendizaxe que menos lles adoita gustar: a memorización. Neste traballo tiveron que aplicar moitas habilidades pero non a repetición sistemática de contidos.

Ao final, teñen claro e que as novas locais e o deporte son a xoia da comunicación na súa vila.

PREMA AQUÍ PARA LER A REPORTAXE

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies