Comeza a publicación das reportaxes feitas polos estudantes no programa Xornalismo na Escola, que organizan La Voz de Galicia e Norvento. Na primeira entrega, os alumnos de 1.º da ESO no colexio Torre de Lemos de Monforte fixeron un traballo sobre o tren e a vila no que investigaron da historia, da xeografía e da economía da zona. A estrea da alta velocidade na veciña Ourense fixo que os nenos quixeran saber máis, entender por que o ferrocarril do futuro non entra en Galicia pola súa vila, como hai 140 anos.

O profesor de Historia destes nenos, Luis Conde, cre que esa necesidade de saber é clave para a súa formación: «Son rapaces moi pequenos, acaban de chegar de primaria, e para min foi moi interesante que se fixeran esa pregunta. Eles elixiron o tema e así traballamos».

Conde decidiu repartir os 22 estudantes en catro grupos. Un centrouse na historia do tren en Monforte usando a hemeroteca de La Voz de Galicia, «alí está todo», di Conde, que tamén é profesor de Xeografía no colexio. Outro grupo saíu á zona da estación para falar coa xente, cos veciños, que lles contaron historia da época dourada do ferrocarril. O terceiro grupo foi á propia estación, a falar con traballadores activos e xubilados. Coa información fixeron unha posta en común e despois o cuarto grupo escribiu o texto.

«Mailo covid, os rapaces falaron con moita xente —di Conde— como un que falou cun amigo do seus avós, que fora fillo duns emigrantes, e despedíanse na estación».

Ao traballo dedicáronlle, ademais do tempo fóra, tres clases de titoría, xa que Conde é o seu titor.

PREMA AQUÍ PARA IR Á REPORTAXE

 

 

AS LECCIÓNS

Espírito crítico

«Foi o que máis me gustou, que se preguntaran por que o AVE foi para Ourense e non para Monforte», di o seu profesor.

Saber resumir

«O rapaces falaron con moita xente pero só publicamos as declaracións que máis nos gustaron. Iso lles supuxo un esforzo para resumir moi útil».

Historia local

«Souberon máis da súa localidade. Por min daría moitos máis temas locais, para que entendan o que lles rodea».

Autonomía

Outra das grandes leccións aprendidas: «Tiveron que organizarse, falar coa xente pola rúa, presentarse e recoller as súas respostas. Son rapaces que acaban de deixar a primaria. Estou moi orgulloso deles».

 

 

 

 

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies