Título: Xogos de azar e menores de idade
Destinatarios: Educación Secundaria Obligatoria.
Asignatura: Titoría.
Autor: Ana Torres Jack.

Introdución

As novas tecnoloxías facilitan o acceso online a multitude de servizos de lecer. No caso das apostas a traveso de internet obsérvase un aumento progresivo de xogadores cada vez máis novos. Case o 5% destes menores acabará desenvolvendo unha ludopatía. O 86% dos que apostan en liña tamén o fan de forma presencial. E téñeno ben fácil: cada vez hai máis casas de apostas e cada vez máis próximas aos centros escolares. O curioso é que, malia que dous de cada tres pais saben que os seus fillos apostan, non fan nada por evitalo. Quizá porque creen que só é un xogo.

Noticias:

27/09/2019
Redada para controlar a entrada de menores nas casas de apostas

14/11/2019
Ludopatía en Galicia: da débeda de tres millóns de euros xogando ao póker ao neno de 11 anos adicto a videoxogos

Contido

Estas noticias, e moitas outras que case cada día podemos ler na prensa poñen en evidencia que os menores de idade son o colectivo máis vulnerable ante a potente maquinaria da publicidade e a facilidade de acceso que teñen aos xogos de azar a través de internet ou de forma presencial.

En outubro do ano pasado a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, organismo dependente do Ministerio de Facenda, achegaba o seguinte dato: no primeiro semestre do 2018 os españois gastaron en xogos en liña máis que durante todo o 2016. E esta tendencia segue ao alza. A facilidade de acceder desde o anonimato, a posibilidade de facelo durante as 24 horas do día dende calquera punto e a popularidade cada vez maior das apostas deportivas son tres das causas deste auxe.

Segundo datos aportados polo mesmo organismo, entre o 66 % e o 75 % dos mozos de entre 14 e 17 anos afirman facer apostas algunha vez. Ademais, máis dun terzo dos xogadores patolóxicos desenvolven ese problema antes dos 18 anos. E en España o 4,6 % da poboación adolescente presenta condutas de risco que favorecen o desenvolvemento dunha ludopatía. Os datos son dos máis altos de Europa.

  • Dende este enlace, pódese acceder aos datos do Informe sobre apostas on-line realizado o pasado ano por Sondaxe sobre a poboación galega. Nesa mesma información fálase de dous dos recursos habituais para captar clientes: utilizar rostros coñecidos do deporte que publicitan o produto e bonos de benvida como gancho.
  • O programa 360 grados, da ETB (Euskal Telebista), investiga neste programa o risco das apostas deportivas coa colaboración do director de PantallasAmigas, Jorge Flores.
  • O profesor de Psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta achega os seguintes datos que nos dan un perfil aproximado sobre a adicción aos xogos de azar por parte dos menores galegos:
    1. Afecta a máis adolescentes dos que pensamos (8,4% dos menores galegos recoñecen apostar en xogos de azar en liña ou en webs de apostas; máis de 10.000 menores).
    2. Vai en aumento: 1,5% en 2010, 4,2% en 2014, 6,4% en 2016 e o 8,4 en 2017).
    3. Perfil do xogador:
    * 8 de cada 10 son varóns.
    * A media de idade do adolescente que aposta na Rede é de 15 anos.
    * É unha práctica que aumenta coa idade, pero comeza antes do que cabería pensar (1 de cada 4 dos que aposta na Rede faio xa con 12 ou 13 anos).
    * Son menores que presentan elevada impulsividade e déficit de asertividade.
    * En canto ao estilo educativo dos seus pais: a) No 81% dos casos os pais non controlan ou limitan o uso de Internet/móbil; b) A taxa de apostantes é tres veces maior entre os adolescentes que afán conectarse a Internet a partir das 12 da noite.
    4. Non é un problema illado, xa que presentan un claro patrón de risco:
    * Maiores de taxas de condutas de risco ou inadecuadas na rede (contacto con descoñecidos, cibercacoso, sexting, sextorsión, etc.).
    * Maior consumo de alcohol e outras drogas.
    * Rendemento académico inferior.

FONTE: Enquisa realizada en 2011 por Cedro a 164 adolescentes e mozas de 3 cidades do país | ÁREAHUMANA.ES

Nesta entrevista, o propio investigador Rial Boubeta, xunto á psicóloga Belén Montesa e Concha Lavid, directora de Aprenderaeducar.org Galicia, debaten na Escola de Pais sobre dos perigos de adicción ás apostas e apostas en liña.

Nesta guía educativa, Videojuegos e apostas, cando o xogo se converte convértese en adicción, publicada pola Junta de Andalucía, pódense acceder a algúns vídeos sobre o tema e actividades para a aula.

Para rematar, na web de Agalure, asociación galega que leva 25 anos ofrecendo apoio a persoas que sofren ludopatía, no apartado Interésache pódense descargar dúas interesantes presentacións: “Adicións sen substancias” e “Problemas co xogo”, onde se revisan as claves do enganche aos xogos de azar e o xeito de frealo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies