
3. CONTIDOS
3.1 Coñecementos e actitudes previas
- Nocións que os alumnos teñen xa previamente sobre estes termos seleccionados neste e-studio de noticias.
- Reaccións espontáneas de tipo emocional / analítico / práctico / inventivo que pode producirlles cada unha destas noticias ou termos incluídos neses títulos, tal como se describe despois nas actividades de introdución.
3.2 Contidos conceptuais
- Termos crave: aniversario, vocación, desaloxadas, evacuar, redada, ámbito, medio rural, núcleo, xustiza indíxena, xustiza constitucional, persoal, nómina, tuning, amonal, detonador.
- Significados etimolóxicos, técnicos, coloquiais ou convencionais destes termos.
3.3 Contidos procedimentais
- Tradución destes termos a palabras propias dos alumnos
- Interpretación destes termos no contexto da noticia
- Aplicación destes termos en diferentes contextos aos presentados pola noticia
- Análise dos elementos que dan sentido a estes termos: etimolóxicos, técnicos, coloquiais, sociais, convencionais.
- Síntese escrita de novos textos nos que se insiren estes termos con estes ou outros significados.
3.4 Contidos actitudinais
- Receptividade ante a lectura dalgunha destas noticias.
- Resposta activa / pasiva ante os problemas presentados nas noticias.
- Valores que están en xogo en cada unha das noticias sinaladas.
- Actitudes de compromiso e implicación persoal de rexeitamento / aceptación ante as situacións presentadas.