
2. OBXECTIVOS
2.1 Centrar a noticia
- ¿De que se trata en cada unha das nove noticias recollidas arriba?
- ¿Que palabras son as que necesitan algunha aclaración para entender mellor a noticia?
- ¿Existe algún termo, algunha palabra que, pola súa importancia ou polo interese que produce no alumno, ademais de axudar a entender a noticia, merece un estudo máis amplo?
2.2 Obxectivos básicos
- Seleccionar os termos que aparecen nos nove titulares.
- Facer un exercicio de recoñecemento deses termos: ¿que coñezo de cada un deles: nada, pouco, regular, moito?
- Elixir sobre cales me gustaría investigar algo máis, e explicar o porqué.
- Co fin de entender mellor o contexto no que está escrito cada termo, aplicar a cada título o sistema das sete palabras clave: quen, que, onde, cando, como, canto, por que e buscar as respostas adecuadas.
- Seguir con precisión algún dos esquemas suxeridos no apartado de actividades para investigar o significado deses termos.
- Traducir a palabras propias o significado de cada un dos termos investigados.
- Analizar os elementos etimolóxicos, sociais, técnicos ou circunstanciais que poden darlle sentido especial ao significado de cada termo.
- Aplicar eses mesmos termos a outras noticias e situacións diferentes, demostrando con iso que o alumno entendeu moi ben os seus diversos significados.
2.3 Obxectivos de ampliación
- Que os alumnos demostren nunha autoavaliación individual ou por pares que son capaces, sen axuda especial do profesor, de levar a cabo a maioría destes obxectivos propostos, traballando sobre termos que aparecen nun novo texto cunha noticia diferente, tal como se describe nas actividades de ampliación.