Destinatarios: Educación Secundaria Obligatoria.
Asignatura: Ciencias da Natureza.
Autor: Francisco Armesto.

Introdución

Uno dos elementos meteorolóxicos que caracteriza a tempada invernal é o vento. Coa chegada do outono os temporais comezan a golpear especialmente as rexións costeiras, pero tamén as de interior así que, en ocasións, a previsión aconsella pechar parques, xardíns e manter aos servizos de urxencias en situación de alerta. Os estragos que poden causar nas contornas urbanas poden ser moi perigosos para as persoas (caídas de árbores, cornixas, guindastres, levantamento de tellados, fiestras, etc.). A finais de outubro pasou moi preto de Galicia o ciclón Pablo, vivimos o paso do Amelie a principios de novembro, o de Cecilia a mediados dese mes, e os temporais seguiron chegando.

Ondaxe en Corrubedo | MARCOS CREO

Noticias:

03/11/2019
Ciclón Amelie: Los fuertes vientos y la lluvia dejan más de un centenar de incidentes por toda Galicia

14/11/2019
Lóstregos, apagóns e refachos de ata 120 quilómetros por hora en Galicia, que está en alerta vermella.

Ademais destas noticias, no outono soubemos que a velocidade do vento no noso planeta aumentou un 7% na última década. En xeral, adoita minusvalorarse a acción que o movemento do aire (vento) exerce sobre a nosa contorna. Con todo, forma parte da nosa vida máis cotiá, de aí o interese educativo que ofrece a exploración e coñecemento da súa natureza. Doutra banda, experimentar co vento proporciona familiarizarse con sucesos sorprendentes do mundo natural que contrastan co sentido común. O vento, ademais, tamén é un importante axente de erosión e transporte xeolóxico, capaz de modelar paisaxes e arrastrar masas de po e areas, por exemplo dende o deserto do Sahara ata o noso país.

A adaptación ao vento tamén é frecuente nos seres vivos, pois moitas plantas confíanlle a súa reprodución e a dispersión das súas sementes; tamén unha gran diversidade de animais empregan o vento para manterse no aire (aves, insectos, etc.) ou para desprazarse (pequenas arañas, etc.). Como fonte de enerxía empregouse nos antigos muíños e grandes veleiros e, actualmente, é o obxectivo dos modernos aeroxeradores. O deseño industrial (coches, avións, mísiles, etc.) e arquitectónico (pontes, edificios, etc.) non pode facerse sen ter en conta cuestións como a aerodinámica ou a resistencia ao vento.

Contido

Aquí atoparás un vídeo moi sinxelo e orixinal sobre o vento.

Tamén poderás ler máis sobre este tema nesta páxina.

E nestoutra hai información sobre a velocidade e dirección do vento.

A orixe última do vento é a diferente cantidade de enerxía que as distintas rexións da Terra reciben do Sol. Cando o chan se quenta, tamén o fai o aire que está sobre el. Como o aire quente pesa menos co frío, ascende na atmosfera (isto é a orixe das diferenzas de presión atmosférica), provocando que outra masa de aire ocupe o seu lugar.

Este movemento pode observarse en multitude de sucesos como no fume das chemineas, no vapor de auga dunha pota ou na elevación dun globo aerostático. Unha experiencia divertida consiste na creación de burbullas con auga e xabón. O aire que espiramos pola boca está máis quente e pesa menos que o que nos rodea, así que se o capturamos dentro dunha burbulla provoca o ascenso desta; o vento, por lixeiro que sexa, encargarase de movela. A creación de burbullas pequenas é relativamente sinxelo (con auga e xabón), pero se queres experimentar para facelas de gran tamaño debes engadir outras sustancias.

Aínda que se trate dun gas, o vento a gran velocidade provoca un empuxe considerable. Todos o experimentamos un día de temporal ou ao abrir as portas dun vehículo por unha vía rápida. Podemos propoñer unha actividade colectiva no aula para experimentar con esta acción mediante unha competición de construción de coches con propulsión a barullo. A actividade é deseñar e construír un coche pequeno capaz de aproveitar o empuxe do aire comprimido nun globo. Ademais será unha forma de poñer en evidencia o principio físico de acción e reacción. Existen numerosas formas de construílo a partir de materiais sinxelos. No aula, esta actividade podería converterse nunha divertida competición para premiar o coche que chegue máis lonxe coa mesma cantidade de aire.

O empuxe do vento empregouse para mover muíños e embarcacións, e actualmente utilízase como fonte de enerxía sustentable, pois non produce gases contaminantes. O fundamento é relativamente sinxelo xa que se trata de aproveitar o vento para mover unha hélice axustada a unha dínamo, e o seu xiro producirá enerxía eléctrica. A construción dun sinxelo xerador como proxecto escolar é unha actividade que ten numerosas versións en Internet. Unha atópase nesta dirección.

Para moitas persoas o vento só empuxa, como cando actúa sobre as velas dun barco, pero o certo é que tamén pode provocar o efecto de tirar. É o efecto que sucede, por exemplo, cando ao pasar un coche ou abrir unha porta parece que os papeis ou obxectos máis lixeiros (follas, po, etc.) voan tras eles. Cando maior é a velocidade do vento, maior é esa capacidade de succión. Esta é unha causa de como os temporais poden levantar os tellados de moitas edificacións. Para observar este efecto pódese facer un experimento moi sinxelo soprando por encima dunha tira de papel; seguindo, por exemplo, estas instrucións.

Ou soprando entre dúas latas baleiras de refrescos colocadas a uns dous centímetros de distancia, ou entre dúas velas acesas como se mostra neste vídeo.

Complementando as experiencias anteriores pódese realizar outro experimento sorprendente e divertido que tamén utiliza unha corrente de aire e serve para explorar ese curioso e divertido efecto que contrastar co noso sentido común. É o chamado principio de Bernoulli, que indica que onde a velocidade no movemento dun fluído é maior é onde se rexistra a menor presión. Quizá a teoría sexa complicada de entender pero visualízase doadamente cun secador de pelo e unha pelota lixeira, como as de pinpón. Existen numerosas versións de experimentos caseiros para observar este efecto. Aquí hai un con explicacións físicas do proceso.

Un resumo divertido de experiencias relacionadas co vento pódese atopar neste enderezo, aínda que os últimos minutos dedícanos a explicar como eses efectos aplícanse na aeronáutica.

O catavento é un instrumento que xa se fabricaba na antigüidade para coñecer a dirección do vento. Ademais de explicar o uso e algo da súa historia, nesta dirección poderás atopar información para construír un catavento caseiro.

O catavento do caracol esta fechado en 1881 e asinado por SANTOS MACHÍN, ferreiro de Santibáñez, no seu eixe.

No noso país existen ventos predominantes con características determinadas que reciben nomes propios. Neste vídeo poderemos coñecer os máis frecuentes.

Nesta páxina tamén se explica que son os anemómetros, instrumentos para medir a velocidade. En función desta velocidade defínese a escala de ventos de Beaufort, que é a máis usada, e que comeza na brisa suave e termina na tempestade. Só cando os ventos superan os 119 quilómetros por hora denomínanse furacáns, que poden ser de cinco categorías. Na primeira, que reúne os máis débiles, o vento sopra entre 119 e 153 quilómetros por hora. Os de categoría cinco, que inclúe os máis potentes, o vento excede os 250 quilómetros por hora.

Este anemómetro de copa mide a velocidade do vento, e o catavento ao lado esquerdo da imaxe mide a dirección na que o vento sopra | Imaxe por cortesía de NOAA

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies