5. METODOLOXÍA
-Imos empezar, por exemplo, coa realidade de cada día: qué tipo de accións solidarias facemos no colexio, respecto á axuda que prestamos aos demais en actividades académicas.
-Pasemos despois a outro tempo de actividades como son as deportivas en tempo escolar, relación cos demais, actividades culturais e outras.
-Se é certo que a solidariedade debe responder a unha necesidade concreta: ¿Qué necesidades temos cada un ou vemos nos demais, con cales se podería dar a axuda necesaria? ¿Como organizarnos para iso?
-Despois, talvez o cinema e un fórum sobre necesidades en que se movían os protagonistas e como pode aplicarse á nosa vida real e próxima de todos os días?
-Podemos facer unha lista de libros que están na biblioteca que sirvan para o tema de solidariedade. En Recursos tedes algunhas direccións útiles e de doado acceso.
-¿Sabes en que consiste a aprendizaxe cooperativa, e a escola inclusiva, na que todos axudan a todos?