4. ACTIVIDADES
TÉCNICA: INFORMACIÓN
A aprendizaxe cooperativa. Os que inventaron ou reestruturaron en moitas escolas do mundo a aprendizaxe cooperativa, que por certo ten séculos de historia, afirman que unha das maiores dificultades que ten a aprendizaxe en grupo é o rexeitamento inicial que teñen os chamados «alumnos de boas notas».
Segundo temen, «van perder moito tempo» ao axudar a que os demais do seu grupo aprendan e renunciar a que eles mesmos poden progresar moito máis cando o fan dun xeito autónomo e sen preocuparse do que lles pasa aos demais. «Iso é problema do profesor, e non meu», afirman moitos dos que se consideran listos e traballan pola súa nota independente e sen estorbos.
Os sistemas de aprendizaxe cooperativa teñen, sen dúbida a súa resposta xa que, cando ensinas a outro, aprendes ti moito máis. A proba témola nos mesmos profesores: canto máis e mellor ensinamos, máis aprendemos.
¿Seremos capaces de aprender máis solidariedade en toda a nosa estrutura
de aprendizaxe? Tratemos de ensinala.
-Para empezar, dámosche unha referencia accesible inmediatamente.
TÉCNICA: CASOS
Noticias con %u201CSOL%u201D de solidariedad (LVG18/02/09)
Todos os días o xornal presenta noticias que serven para que en clase estudemos o tema da Solidariedade. A unhas poriámoslle unha (S): a outras (SO); e soamente algunha levaría o (SOL) da Solidariedade, porque ten as 3 íes: é importante, interésache a ti; é investigable e tedes datos doados para o seu estudio. Son noticias dun só día (LVG 18/02/09) e podes, por suposto, buscar outras de actualidade no xornal.
-Touriño tomou café procedente do comercio xusto cun grupo de representantes galegos de cooperación internacional ( )
-Esquerda Unida denunciou onte o que considera «deixación e pasividade do bipartito» para atender aos galegos afectados por abestosis ( )
-Galicia Bilingüe acusa a Anxo Quintana de incitar ao odio contra a organización e a Touriño de dar osíxeno aos violentos co seu silencio ( )
-A crise económica afecta gravemente á rehabilitación dos presos, pois os que saen do cárcere non atopan traballo ( )
-Rubalcaba prohíbe que a policía pida a documentación aos inmigrantes ata lograr cada día unha cota determinada dos sen papeis ( )
-O Goberno financiará con 190 millóns os proxectos das oenegés: é o 80% dos 245 millóns recadados do IRPF por fins sociais ( )
TÉCNICA: AUDIOVISUAIS
Presentamos tres películas de rango clásico e outras dúas de actualidade sobre o tema da solidariedade, analizadas por Carmen Pereira, experta en cine e valores.
1. EL CHICO, (The kid), Charles Chaplin, EEUU, 1921, 88 minutos. Comedia-Drama. B/N. Muda.
– Argumento: Unha pobre muller acaba de ter un fillo. Non ten recursos e vese na necesidade de abandonalo. Con pena déixao na casa duns millonarios, pero o destino fai que o bebé caia en mans dun vagabundo que o coida e educa coma se fose o seu pai. Cinco anos despois a nai, convertida nunha recoñecida cantante, quere recuperar o seu fillo. Unha historia con trazos autobiográficos de Chaplin.
– Temas: nai solteira; abandono infantil; pobreza; caridade; servizos sociais;
hospicios e institucións; adopción; dereitos dos nenos e nenas; educación social. www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/temaschico.htm
2. LOS OLVIDADOS, Luis Buñuel, México, 1950. Drama social. B/N. 80 minutos.
– Argumento: O Jaibo, un adolescente, evádese da institución preventiva e reúnese no barrio mexicano cos seus amigos. Xunto con Pedro e outro neno, trata de asaltar a Don Carmelo. Ao pouco tempo, o Jaibo mata en presenza de Pedro ao rapaz, suposto culpable do seu destino no correccional. A partir deste suceso, os destinos de Pedro e de Jaibo veranse dramaticamente vinculados.
– Temas: familias desestruturadas; carencia afectiva; abandono social; marxinación; nenos vagabundos ou da rúa; minusvalidez; maltrato; delincuencia; centros de protección de menores.
www.cinemexicano.mty.itesm.mx/peliculas/olvidados.html
3. LOS SANTOS INOCENTES, Mario Camus, España, 1984. Drama rural. 107 minutos. Premio Festival de Cannes mellor interpretación masculina (Paco Rabal y Alfredo Landa)
– Argumento: unha familia de campesiños españois vive subordinada á clase terratenente, domina as posesións e ordena sobre eles. A súa vida limítase á submisión e á obediencia. Pero o destino verase marcado e algo tráxico romperá a súa condena.
– Temas: pobreza e marxinación social; clases sociais; obediencia e submisión; autoritarismo; xustiza social.
es.wikipedia.org/wiki/Los_santos_inocentes_(película)
4. CADENA DE FAVORES, (Pay it Forward). Mimi Leder, EEUU, 2000. Drama. 122 minutos.
– Argumento: un profesor co rostro e a alma cheos de cicatrices, propón aos seus estudantes a tarefa de buscar estratexias para mellorar o mundo, en especial, a comunidade onde viven. Un dos rapaces, moi motivado na proposta do seu profesor, inventa un sinxelo pero enxeñoso sistema: axudar a tres persoas en algo que non poderían lograr por si mesmos e cada unha desas tres persoas debe axudar a outras tres e así sucesivamente.
– Temas: familia desestruturada; alcoholismo; drogas; violencia; solidariedade; xustiza; cidadanía.
www.es.wikipedia.org/wiki/Cadena_de_favores
5. EN EL MUNDO A CADA RATO, Patricia Ferreira, Javier Corchera, Chus Gutiérrez, Javier Fesser, Pere Joan Ventura. España, 2004, 116 minutos. Documental- Drama.
– Argumento: a través de cinco historias protagonizadas por nenos e nenas, cinco directores mostran a súa visión das cinco prioridades polas que UNICEF traballa en todo o mundo.
-Temas: dereitos de nenos e nenas; educación e promoción da saúde: inmunización; loita contra o VIH (sida); protección contra a violencia, a explotación e a discriminación; marxinación; xustiza social; solidariedade; labor das ONGs.
www.unicef.es/contenidos/199/?idtemplate=1
TÉCNICA: BIBLIOGRAFÍA
-CÁRDENAS, E. La solidaridad es vida plena: materiales didácticos para adolescentes. CCS, 2006
-GARCÍA-RINCÓN, C. Habilidades sociales para voluntarios. PPC 2007. Gestión y desarrollo de las 6 principales competencias prosociales en el ámbito de ayuda.
-LAFUENTE, F. Sembrar valores, recoger futuro. CCS 2005. Textos y actividades para fomentar actitudes responsables y solidarias.
-NIEVES, Mª. La solidaridad como pedagogía. Ed. Ciudad Nueva. Escuelas que ayudaron a mejorar la vida de mucha gente y a que los alumnos crezcan como personas.
-ONG en España: Una amplia y detallada guía de oenegés con sus campos de acción y actividades diversificadas:
-ONG en Galicia: Aunque no están todas, te pueden informar de más: -PANIEGO, J. y LLOPIS, C. Educar para la solidaridad. Ed. CCS 2001.
Metodología y modelos de técnicas para su educación, actitudes solidarias. Sesiones tipo: juegos cooperativos, temáticas de solidaridad