2. OBXECTIVOS
-Que os alumnos demostren a súa solidariedade non só nas actividades extras ou paralelas que fan despois da súa xornada escolar, senón tamén no tempo que dedican aos seus estudios académicos en clase, cos compañeiros e todos os que o necesitan dalgún modo noutras actividades.
-Complementar tamén as dúas unidades anteriores coa proxección e fórum de películas de cinema que nos dan oportunidade de falar da solidariedade cos demais.
-Facer tamén a promoción de lectura de libros sobre o tema e outros da biblioteca do colexio que sirvan para este fin.