5. METODOLOXÍA

-Enquisa: Podemos comezar por unha Enquisa directa sobre o ámbito e actividades do colexio, cidade ou lugar onde vivimos. A pregunta pode ser moi directa: ¿Cres que existe Xustiza Social? ¿Cales son os sinais do si/non da súa existencia?

-Indicadores: Fagamos unha lista previa de sinais que indican que existe/non existe a xustiza social: pobreza, desigualdade, etc. partindo, por exemplo, da nosa propia experiencia do que entendamos por xustiza/inxustiza social.

-Os 8 obxectivos: Estudemos agora un pouco os 8 Obxectivos do Milenio para todo o mundo. Dividímonos despois en 8 grupos de 2-3 persoas e buscamos no xornal algunha noticia que teña relación co obxectivo que cada un investiga.

-¿Que podemos facer? No noso colexio, na nosa clase, no noso barrio ou cidade para que esa xustiza social se cumpra. ¿Chamamos ou escribimos a dirección dalgunhas das organizacións solidarias que contestaron á enquisa para que veñan ao colexio e nos expliquen que podemos facer?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies