2. OBXECTIVOS

-Que os alumnos comprendan en que consiste a xustiza social e cales son as razóns polas que se considera tan importante para o desenvolvemento e dignidade humana.

-Ao mesmo tempo, que entendan as palabras do secretario da ONU dicindo que a ausencia de xustiza social debe ser unha afronta para todos.

-Por outra parte, que investiguen por qué situacións como a pobreza extrema, a falta de benestar, as desigualdades nos obrigan a desenvolver o valor cidadán da solidariedade.

-Que analicen con máis detalle cáles son os chamados %u201Cobxectivos do milenio%u201D propostos pola ONU, estudando as referencias que se achegan na sección de actividades.

-Como punto relevante, que entendan por que, quen, cando, onde, como e que fan as organizacións de voluntarios, ás que un se pode adherir doadamente no lugar en que vivimos.

-Finalmente, unha análise directa da nosa actitude solidaria persoal: ¿Por que non nos apuntamos voluntariamente a algún grupo de compromiso e axuda aos demais?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies