INTRODUCIÓN

Na primeira Unidade fixámonos principalmente no sentido da palabra solidariedade e do que leva consigo se queremos de verdade axudar aos demais. Agora damos o paso seguinte: ¿como, cando, con quen podemos organizarnos para facer algo solidario dunha forma sistemática e en equipo? De aí o título desta segunda Unidade: %u201CXente Solidaria%u201D, e o reto que teñen diante para demostrar o seu entusiasmo. ¿Podemos cos obxectivos do milenio para que a solidariedade sexa unha realidade no mundo, empezando talvez polo que temos máis preto no colexio, na rúa, no noso barrio?

Importante: O e-studio sobre Solidariedade está dividido en 3 Unidades, editadas separadamente na web, que poden ser consultadas nun documento único na versión Word adxunta a este documento.

1. A NOTICIA

20 de febreiro

Día Mundial da Xustiza Social

Ao conmemorarse o 20 de febreiro do 2009, por primeira vez, o Día Mundial da Xustiza Social, o xecretario xeral da ONU subliñou que ese obxectivo é o centro da promoción do desenvolvemento e a dignidade humana.

Nunha mensaxe, Ban Ki-moon lamentou, non obstante, que a xustiza social continúe sendo un sono para unha grande parte da humanidade: «A pobreza extrema, a fame, a discriminación e a negación dos dereitos humanos continúan mancando a nosa paisaxe moral. A crise financeira global ameaza con empeorar aínda máis estes padecementos». Agregou que a estabilidade e a prosperidade do mundo dependen de asegurar que a xente teña niveis aceptables de benestar e igualdade de oportunidades. «A ausencia de xustiza social para todos debe ser unha afronta para todos nós», concluíu Ban Ki-moon.

O termo Xustiza Social foi acuñado polo xesuíta Luigi Taparelli en 1840, que participou tamén na creación de Civitá Católica (1850) en Nápoles. O papa León XIII, que estudou baixo a dirección de Taparelli, publicou en 1891 a encíclica Rerum Novarum sobre os condicionamentos do traballo social,

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies