5. METODOLOXÍA

Comezamos coa discusión dunHa idea fundamental. ¿É certo iso de «ollos que non ven, corazón que non senten»? Busca no periódico noticias que levan imaxe visual: foto, gráficos. ¿Axudan a comprender a noticia e faera máis interesante.

-Busca agora unha noticia interesante para ti, que non teña foto nin gráfico. ¿Que foto desexarías ver con esa noticia para facela máis interesante?

-E o máis difícil, aínda: Le o texto desa noticia. ¿Que gráfico, esquema ou debuxo poríaslle para unha mellor comprensión desa noticia? Faino.

-Os xornais non teñen sitio para pór sempre foto ou gráfico en todas as súas noticias. ¿Que prefires: palabra e imaxe (televisión) ou texto e imaxe (periódico)? Vantaxes, desvantaxes de cada un.

-¿É certo iso de «vale máis unha imaxe que mil palabras»? A túa opinión.

-Lego deste debate inicial pasamos a ver, aos poucos, algunhas das imaxes recollidas: cómics, gráficos, ilustracións, documentais, cine.

-Recordemos sempre a idea de que os mesmos alumnos constrúan tamén eles os seus propios audiovisuais, onde demostren mellor a súa información sobre cada dereito e implíquense na súa resolución.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies