4. ACTIVIDADES

TÉCNICA: AUDIOVISUAIS

Presentamos unha serie de variantes audiovisuais, como son os Cómics, as Ilustracións, os Carteis, Documentais, Cine.

CÓMICS

Gráficos sobre dereitos humanos, con humor.

Quino, Nando López & Pérez, Gila, Kalikatres, Chumi Chumez, e así, ata 30, presentan o seu humor sobre cada un dos 30 artigos da Declaración de Dereitos Humanos, recollidos por Amnistía Internacional:

ILUSTRACIÓNS

Tamén Quino ilustra para Unicef a Declaración dos Dereitos do Neno, seguindo con humor os seus 10 principios, e recollendo despois o texto oficial completo:

CARTEIS

Repartídeos, por exemplo, de 2 en 2 e cada bina seleccionades un dos 30 artigos. ¿Como se vos ocorre decoralo graficamente? Para iso, lede primeiro a noticia relacionada co dereito elixido, ¿Sodes capaces de recoller algún elemento da noticia e relacionalo dalgún modo co dereito elixido para o voso cartel? ¡Que ben!

-Colgade despois a vosa expo na clase. Ou no corredor, para visita e admiración dos compañeiros.

DOCUMENTAIS

En el mundo, a cada rato: Este é o título do documental proxectado en España no 2005, que contén 5 historias. Foi unha produción de Ojos, en colaboración con Unicef, co patrocinio de Renfe e a participación de TVE, que o emitiu ultimamente no mes de novembro 08.

As noticias de cada día convértense con frecuencia en historias ben contadas polos directores de cine que, aínda que parezan afastadas, serven de pauta e espello no que se poden reflectir situacións que ás veces non están tan lonxe da casa e lugar onde vivimos.

-Ravi é un neno de 14 anos. É protagonista do documental El secreto mejor guardado, dirixido por Patricia Ferreira, e representa na pantalla aos 14 millóns de nenos que son orfos a causa da sida. Rabí vive coa súa avoa nunha aldea da India. No seu pobo non o queren, nunca soubo por que, e ten que trasladarse todos os días a unha escola lonxana.

-Cada 30 segundos morre un neno no mundo, vítima do paludismo. No documental La vida efímera, dirixido por Joan Ventura, aparece un pai no cartel de portada cun pequeno neno africano no colo . En África subsahariana, onde se producen o 90% dos casos de paludismo, morren todos os días uns 3.000 nenas e nenos, vítimas da enfermidade.

-Trasladámonos agora a un barrio e comunidade marxinal de Arxentina, alí, a directora de cine Chus Gutiérrez fala no seu documental Las 7 alcantarillas da situación da muller nesas zonas: alrededor de 515.000 mulleres morren por problemas relacionados co embarazo e o parto. En consecuencia, unha elevada cifra de nenos quedan privados do seu amparo.

-O documental Hijas de Belén, dirixido por Javier Corcuera, recolle nunha barriada peruana datos sobre o drama do traballo infantil que, trasladado á situación no mundo, supón un total de preto de 2 millóns de nenas e nenos traballadores. Todo iso supón un nivel de retraso e abandono escolar ou, en motios casos, un esforzo diario suplementario ás súas tarefas escolares.

-Finalmente, o director Javier Fesser centra o seu documental Binta, la gran idea na proposta escrita que unha nena de Senegal fai ao gobernador para que permita que as nenas, e non só os nenos poidan ir á escola. Un singular, vistoso e animado role playing pon a todo o pobo en escena e conseguen dun papá recalcitrante que se adapte á nova idea de que a escola é para todos.

-Para saber máis sobre o documental: http://www.enelmundoacadarato.com/

CINE

Un estudo moi completo de películas adecuadas a cada un dos 30 artigos da Declaración dos Dereitos Humanos, suxestións de traballos e organización de

cine- forum.

Os nenos teñen dereitos: ¿Cantos? ¿Cales?

-Os dereitos, en debuxos animados: supervivencia, potencial persoal, garantías, interese do neno, non discriminación

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies