VALOR CIDADÁN 3: DEREITOS HUMANOS

INTRODUCIÓN

Dedicamos dúas Unidades ao e-studo do valor cidadán que leva o título xeral de Dereitos Humanos. Cada unha das Unidades ten a súa propia entrada na sección de e-studo de noticias, pero para facilitar o traballo en clase pódese consultar tamén nun documento único, editado en word, nesta web.

1. Tal e como se indica na Unidade 1, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos cumpriu agora 60 anos, xa que foi aprobada o 10 de decembro de 1948.

Nesta Unidade explícase un pouco en que consiste o logotipo ideado para esta conmemoración: unha estilización da figura humana en pé e cos brazos abertos. Abaixo leva un lema coa frase Dignidade e xustiza para todos.

Explícanse esas palabras crave e, logo de sinalar uns datos sobre a historia desta Declaración, comezamos presentando os 30 artigos nos que se fai referencia aos diversos dereitos humanos. Cada un deles vai acompañado dunha noticia recente que pode servir de indicativo da súa actualidade.

2. Na Unidade 2 comezamos indicando cales son, a xuízo da organización Amnistía Internacional, os dereitos humanos que piden unha atención máis urxente no mundo.

A continuación, proponse unha serie de audiovisuais que van desde o cómic ata as ilustracións, gráficos, carteis, documentais e películas de cine.

Finalmente, unha Guía de investigación facilitará aos profesores e alumnos diversos datos sobre estes dereitos humanos, e outros temas que afondan no seu e-studo.

VALOR CIUDADÁN 3: DEREITOS HUMANOS /

UNIDADE 2: Ollos que non ven, corazón que non sente

1. A NOTICIA

O cine, os carteis, os gráficos e esquemas visuais, as fotonoticias dos periódicos fan que nos entre polos ollos o que, mesmo, nos resistimos a ver: ¿Cúmprense os dereitos humanos? Ollos que non ven, corazón que non sente.

Dereitos humanos en vía preferente

As Nacións Unidas e o Informe 2008 de Amnistía Internacional propoñen unha lista variable de dereitos humanos que hoxe en día necesitan unha atención máis urxente. Presentámolos, sen máis, por orde alfabética, xa que non coinciden os mesmos nas diferentes rexións do mundo ás que se refiren no seu estudo.

-Asistencia humanitaria: pobres, refuxiados, desprazados, piratería, detención, cárcere, violación, tortura, discriminación.

-Democracia, dereito ao voto, educación, saúde, liberdade de expresión, dereito ao desenvolvemento económico e social, alivio de débeda.

-Discapacitación. Comprende un 10% da poboación mundial. Son excluidos da vida cultural e as relacións sociais normais, son integrados sen máis en institucións e teñen acceso restrinxido a edificios públicos.

-Igualdade da mujer: A programación do Día Internacional da Muller 2008 recolle os dereitos principias que requiren unha atención máis urxente, baixo o lema «investir nas mulleres e as nenas».

-Xustiza: proceso xudicial máis rápido e con atención máis próxima para todos os que senten damnificados, necesidade de maiores recursos.

-Maiores: persoas adultas maiores. Asistencia a saúde, seguridade social, nutrición, distribución do lecer e posibles ocupacións

-Minorías: relixiosas, étnicas ou lingüísticas que cada vez están menos atendidas e en perigo de desaparición e de non ser tidas en conta.

-Nenos: maltrato, malnutrición, explotación e conflitos armados, erradicación do traballo infantil, venda, pornografía, adopción con fins comerciais.

-Pena de morte: Avances significativos cara á abolición da pena de morte. En contra da tendencia xeral, Bielorrusia mantívose inamovible no seu papel de único país europeo executor na práctica.

-Racismo e discriminación: A discriminación por motivos de identidade contra algunhas comunidades como a romaní, excluídas en gran medida da vida pública e sen pleno acceso a vivenda, emprego e servizos de saúde.

-Refuxiados, dereitos de asilo, migrantes: Persoas que buscan protección internacional e outras persoas de nacionalidade estranxeira seguen sufrindo a práctica sistemática de violacións de dereitos humanos.

-Seguridade: Non só individual e na rúa senón tamén no propio domicilio e seguridade ante as leis e na vida pública administrativa.

-Traballo: traballos forzosos, liberdade sindical, igualdade de remuneración, idade mínima, traballadores migratorios, atención médica, nacionalidade, dereito á educación, atención médica, aforros e posesións persoais.

-Trata de persoas: Dentro de Europa seguiuse traficando con homes, mulleres e menores para a súa explotación en sectores laborais non regulados, como o servizo doméstico, a agricultura, manufactura, a construción, a hostalería e a explotación sexual.

-Violencia contra as mulleres: A violencia contra as mulleres e as nenas no ámbito familiar segue estando presente en moitas rexións: insultos e abusos psicolóxicos, violencia sexual, control económico e asasinato.

-VIH/SIDA: Persoas infectadas e recursos para a prevención.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies