4. ACTIVIDADES

Un test de reacción ante a noticia levaranos á análise da nosa capacidade de tolerancia.

¿Tolerantes / Intolerantes?

Eliximos unha serie de noticias. ¿Cal é a nosa reacción? Hai que ser intolerantes co que obxectivamente está mal ou, simplemente, é mellor aguantar e tolerar, sen facer nada en contra? ¿Como analizar en que grao estamos de tolerancia / intolerancia?

TÉCNICA: INFORMACIÓN

A persoa que conduce o debate poderá pór estes ou outros exemplos de noticias do xornal, seguindo, se o cre oportuno, os pasos indicados para a análise de cada situación.

Graos de tolerancia

-Odio: situariámolo na parte máis baixa da táboa.

-Intolerancia: como algo que non podes ou non queres admitir.

-Tolerancia: saber convivir con algo que non che gusta, pero o admites.

-Respecto: admiración, valoración do que o outro fai e admiras.

-Integración: velo ben, admítelo, apúntaste.

-Xustiza: naturalmente, ás veces alguén actúa en contra dun feito non admisible. ¿Pódeselle chamar intolerante con ese feito? ¿Sería mellor dicir que se trata dunha reacción xusta?

TÉCNICA: ENQUISA

2.1 Atentado mortal en Herat. O artefacto que matou o cabo galego contiña 30 quilos de TNT que esparexeron metralla nun radio de 150 metros http://www.lavozdegalicia.es/espana/2008/11/10/00031226310390861359333.htm

Feito: ¿Por que o fixeron?: Escolle un dos 6 graos e explica a túa elección.

Reacción: Agora ben, ¿cal, das 6, é a túa reacción razoable ante este feito concreto? Situación: ¿Cal é a situación de fondo deste problema que lles leva a actuar así?

Idea: ¿Que habería que modificar para que estas situacións non se producisen?

2.2 Atopan nun piso de Berlín 28 planos orixinais do campo de concentración de Auschwitz. O diario alemán Bild publicounos esta semana. http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/11/10/00031226323905958713720.htm

Feito: ¿Por que fixeron o campo de concentración? Escolle un dos 6 grados.

Reacción persoal: ¿Cal, das 6, é a túa reacción ante ese feito? Explícaa.

Situación de fondo: ¿Cal é a situación de fondo que lles motivou a facer os campos de concentración?

Idea: ¿Ocórreseche algunha idea que impediría o que se lles ocorrese esa idea?

2.3 Uns 150 subsaharianos intentan entrar pola forza en Melilla, aínda que ningún deles conseguiu os seus propósitos tras ser repelidos polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a policía marroquí: http://www.lavozdegalicia.es/espana/2008/11/10/00031226297364597442863.htm

Feito: ¿Cal, das 6, foi a reacción da policía? Explícao

Reacción persoal: ¿Cal, das 6, sería a túa reacción? Explícaa

Situación de fondo: ¿Que lles sucede aos subsaharianos para que reaccionen así?

Idea: ¿Se podería facer algo para que esta situación se remedie e non se repita?

2.4 Veciños de Fernández Latorre piden que expulsen a un grupo de mozos que ocupou unha casa. Denuncian que os ocupas tiran todo o lixo ao patio de luz, ata os seus propios excrementos. http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/11/10/00031226302679127161661.htm

Feito: ¿Clasifica nunha das 6 o que fixeron os veciños?

Reacción persoal: ¿Que actitude, unha das 6, terías ti ante os ocupas?

Situación de fondo: ¿Que lles sucede aos ocupas e aos veciños para que teñan esa reacción?

Idea: ¿Que habería que facer para que isto se remediase doutra forma?

2.5 O Goberno vasco nega que ningunha institución daquela comunidade enviou deliberadamente a menores inmigrantes a Galicia. Méndez Romeu anuncia que a Xunta presentará unha queixa, mentres Quintana garante a integración dos mozos. http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/11/10/0003_7301001.htm

Feito: Clasifica, entre as 6, o que fixeron ou dixeron o Goberno Vasco, o vicepresidente Méndez Romeu, o vicepresidente Quintana.

Reacción persoal: ¿Que reacción, entre as 6, terías ti? ¿Por que?

Situación de fondo: ¿Hai algún motivo para que isto suceda?

Idea: ¿Que habería que facer para que isto non ocorra ou se remedie ben?

2.6 Hamilton di que Alonso é «un gran home» tras felicitarlle ao ser campión. O piloto inglés valora que o español acudise ao garaxe de McLaren logo de proclamarse campión en Brasil.

http://www.lavozdegalicia.es/formula1/2008/11/09/00031226245794426861321.htm

Feito: ¿Como clasificarías, entre os 6, este feito?

Reacción persoal: ¿Que farías ti entre as 6 alternativas?

Situación de fondo: ¿Por que isto chamou tanto a atención. ¿Que pasaba?

Idea: ¿Habería algo que facer para que estas cousas sexan máis frecuentes?

2.7 Suspendido o concerto dun magosto en Rodeiro para respectar o velatorio nun tanatorio próximo.

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/11/09/0003_7298649.htm

Feito: ¿Cal, das 6, tiveron en conta os que suspenderon o concerto?

Reacción persoal: ¿Que fixeses ti, entre as 6 reaccións? ¿Por que?

Situación de fondo: ¿Que motiva á xente para que reaccione así?

Idea: ¿Que habería que facer para que estas reaccións se fomenten noutras situacións parecidas? Elixe algúns exemplos.

TÉCNICA: ENTREVISTA

A. Escollede agora unha lista de situacións próximas no colexio, no recreo, na comida, no deporte e outras onde se poden dar estas reaccións: Odio (esperamos que nunca) / Intolerancia (de cando en cando) / Tolerancia (maior frecuencia) Respecto (case sempre) Integración (unha meta).

B. Analizade cada situación e comprobade en que grado se sente cada un e por que.

C. Finalmente, ¿que ideas poderíanse poñer en práctica para a tolerancia / respecto / integración adquiran a mellor puntuación en cada caso?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies