INTRODUCIÓN

Medio é media vida. A outra metade xa depende máis do que cada un leva dentro. Sinxelamente, debémonos en gran parte ao que vén de fóra. Por iso é moi importante que tamén naza dentro de nós o desexo e a práctica de tratar ben o que nos rodea. Dise, e con verdade, que non se sabe moi ben quen inventou a auga, pero dende logo non foron os peixes. Case todo nolo dan posto, como aos peixes, pero se trata de melloralo: navegaremos mellor pola vida.

1. A NOTICIA

Segundo un Informe do Foro Humano Global, o cambio climático causa cada ano a morte de 300.000 persoas e supón un custo económico de 90.000 millóns de euros.

Menos mal que sempre nos queda repetir, talvez berrar e, dende logo, escoitar de novo, a tantos anos de distancia, a voz trepidante e firme da nena canadense de 12 anos Severn Suzuki cando o 13 de xuño de 1992 silenciou os seus oíntes da ONU falándolles, durante 6.32 minutos, do futuro do medio que nos rodea. Podes ler o seu texto e escoitar a súa voz clamorosa nestes enlaces.

Hoxe, xa maior, segue traballando para que o medio sexa, polo menos, o que anunciamos arriba no noso título: media vida para todos.

Mensaxe audiovisual.

Mensaxe escrita.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies