4. ACTIVIDADES

Suxerimos tres clases de actividades: Promoción de Ideas para entrar un pouco en forma e achegarnos á realidade próxima do medio. Información sobre Voz Natura. E, ao final, audiovisuais sobre a última década dos días mundiais sobre medio.

A) TÉCNICA: PROMOCIÓN DE IDEAS

Cada día, un consello

Preséntanos suxestións para a rutina diaria, indicando o que doadamente podemos facer cada día, sen esperar ao desenvolvemento de grandes ideas e reformas: o baño diario, o almorzo, o noso camiño ao traballo, o consumo e materiais que utilizamos, a nosa vida na casa: a auga, as toallas, os colectores, o papel, o consumo eléctrico, o transporte, o combustible, os plásticos, a reciclaxe, o termóstato, a limpeza da cidade, a papeleira. Todo iso podes lelo ben aquí, se melloras tamén a ecoloxía da tradución ao castelán do documento orixinal.

Mostra a túa actividade.

¿Unha árbore para o planeta?

Plantemos para o planeta 7 mil millóns de árbores para o 2009: esa é a consigna. Os bosques son pozos de carbono naturais e economicamente importantes, capaces de capturar carbono da atmosfera e mantelo nos seus madeiros e ramas. Le un precioso libro titulado %u201CLa volta ao mundo en 80 páxinas%u201D. E tamén podes atopar alí un enlace á Fundación árbores para o Camiño de Santiago.

B) TÉCNICA: INFORMACIÓN

Presentamos en primeiro lugar unha noticia próxima, singular e de gran relevo: o Programa Voz Natura 2009. Isto centraranos mellor no tema que abordamos este mes sobre <Medio ambiente, valor cidadán>. E despois, pasamos ao ámbito mundial:

¿De que se falou nos últimos dez anos no Programa das Nacións Unidas para o Medio?

O Programa Voz Natura 2009

Voz Natura é un programa de educación ambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997-1998, e o seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da nosa terra.

Este ano 2009 o colexio Mercedarias de Ferrol foi o gañador do premio Galicia, na duodécima edición de Voz Natura, co seu proxecto <Coidemos a Terra, o noso fogar> e <Un mes, unha causa>. Foi o traballo máis destacado entre os 244 proxectos realizados neste curso.

Actividades de Voz Natura.

C) TÉCNICA: AUDIOVISUAIS

Os últimos 10 anos no PNUMA

Podemos fixarnos nas preocupacións principais do Programa das Nacións para o Medio (PNUMA) seguindo paso a paso o lema, obxectivos e cidade protagonista dende o 2000 ata o 2008, recordando tamén o proposto para o 2009 sobre o cambio climático.

Ao mesmo tempo , e por limitación deste pequeno informe, ofrecemos

soamente cinco indicadores: Ano e cidade / Slogan / Datos / Imaxe / Actividade, que tiveron relación co medio en cada un deses países elixidos.

2009, MÉXICO

¿Por que México? A nación foi nomeada para este ano o 22 de setembro de 2008 na reunión de Nairobi. México, un país na encrucillada da Economía Verde e cada vez máis no centro rexional dos asuntos mundiais. O presidente Felipe Calderón indicou que a celebración do Día Mundial do Medio <resaltará máis a determinación de México para administrar recursos naturais e tratar o desafío máis esixente deste século: o cambio climático>. Le con atención o proposto neste enlace.

2008, NOVA ZELANDIA

%<CO2 ¡Deixa o hábito! Por unha economía baixa en carbono>

– Datos: http://es.wikipedia.org/wiki/Aotearoa

– Imax: http://www.videosmundi.com/video-de-nueva-zelanda/

– Actividade: Non/Si. Exemplos animados, suxestión de accións cotiás:

http://www.unep.org/wed/2008/spanish/

2007, NORUEGA

<O desxeo, un asunto candente>

– Datos: http://es.wikipedia.org/wiki/Noruega

– Imaxe: O máxico sol de media noite. No norte de Noruega, o sol nunca se pon durante os meses de verán. Visita as illas de Lofoten, e a Noruega dos fiordes.

http://www.visitnorway.com/es/Articulos/Articulos-tematicos/Que-hacer/Atracciones/Atractivos-naturales-de-Noruega/El-magico-sol-de-medianoche/

– Actividade: Entrevista un oso polar, un campesiño, un asegurador, un indíxena: http://www.unep.org/wed/2007/spanish/

2006, ALXER

<¡Non abandones os desertos!>

– Datos: http://es.wikipedia.org/wiki/Argel

– Imaxe: Aínda que só o deserto sahariano pertence a Alxeria, ofrecemos fotos de desertos no mundo, que é o tema dese ano 2006.

http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Deserts

– Actividade: Un bonito concurso de pintura infantil para celebrar o 2006 telo aquí:

http://www.pnuma.org/dmma2006/Galeriadeconcpint/indexpint.htm

2005, SAN FRANCISCO

<Planear para o planeta: cidades verdes>

– Datos: http://es.wikipedia.org/wiki/San_Francisco_(California)

– Imaxe: Unha mostra sobre a cidade de San Francisco e a súa relación co lema do ano 1995: cidades verdes.

http://commons.wikimedia.org/wiki/San_Francisco

– Actividade: O alfabeto do Día Mundial do Medio, 60 formas de celebrar ese día: http://www.pnuma.org/dmma2005/abc.htm

2004, BARCELONA

<¡Búscanse! Mares e océanos. Vivos ou mortos>

– Datos: http://es.wikipedia.org/wiki/Barcelona

– Imaxe: unha selección de fotos sobre o lema do ano 2004

http://www.unep.org/wed/2004/PhotoGallery/PhotoGallery2/index.asp?url=AS%20Duncan%20UNEP%200036359.html

– Actividade: 50 feitos clave sobre os mares e os océanos

http://www.org/wed/2004/Information_Material/index.asp

2003: BEIRUT, LÍBANO

<Auga: ¡Dous mil millóns sofren sen ela!>

– Datos: http://es.wikipedia.org/wiki/Beirut_(L%C3%ADbano)

– Imaxe: http://www.unep.org/wed/2003/photogallery/water-photos.htm

– Actividade: Auga. O 2003 foi tamén o Ano Internacional da Auga:

http://www.wateryear2003.org/es/ev.php-URL_ID=4870&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html

2002, SHENZHEN, CHINA

<Deamos á Terra unha oportunidade>

– Datos: http://es.wikipedia.org/wiki/Shenzhen

– Imaxe: Shenzhen, fotos cidade e Metro: http://commons.wikimedia.org/wiki/Shenzhen

– Actividade: Eloxio ás montañas no seu Ano 2002: Hai apenas un par de días, escaladores, co apoio do PNUMA, regresaron do Himalaia (¿Himalayas!), onde reuniron narracións de testemuñas oculares, monxes, a poboación local e outros viaxeiros, sobre o estado do medio da cadea montañosa máis famosa do mundo. Rexistraron, en palabras, fotografías e películas os drásticos efectos do quentamento da atmosfera nos glaciares, que causan o seu rápido desxeo, e a acumulación das súas augas nos lagos das montañas. Eses lagos poderían desbordarse en breve e verquer millóns de toneladas de auga e sedimento nos vales inferiores poñendo en perigo a vida e a natureza. (Klaus Töpfer. Director PNUMA)

http://www.un.org/spanish/conferences/dias/medioambiente/kt.htm

2001: TURÍN E A HABANA

<Conéctate á web da vida>

– Datos de Turín: http://es.wikipedia.org/wiki/Tur%C3%ADn

– Imaxe: http://commons.wikimedia.org/wiki/Torino

– Datos de A Habana: http://es.wikipedia.org/wiki/La_Habana

– Actividade: A nosa axenda pretende darlle un amplo sentido humano aos temas ambientais; darlle á xente o impulso necesario para converterse en axentes activos do desenvolvemento sostible e equilibrado.

2000, ADELAIDA (AUSTRALIA)

<O milenio do medio: a hora de actuar>

– Datos: http://es.wikipedia.org/wiki/Adelaida_(Australia_Meridional)

– Imaxe: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Skyshow_Adelaide_2006.JPG

– Actividade: Dez anos antes, o tema coincide co proposto para o 2009. Dicía en Adelaida o director adxunto do PNUMA: %u201CEntre os moitos desafíos presentes é o cambio climático. Oito dos dez anos máis quentes rexistrados tiveron lugar na última década. Os glaciares son máis pequenos que en calquera momento dos últimos 5.000 años%u201D.

– ¿Era, como hoxe, a hora de actuar, que dicía o lema 2000 e se repite agora no 2009?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies