INTRODUCIÓN

Todos os anos o Programa das Nacións Unidas para o Medio (PNUMA) elixe un día (5 de xuño), un lema, e unha nación para exaltar esta festa da natureza.

– Con iso preténdese, en primeiro lugar, mediante o cartel poñerlle cara ao medio. ¿Cal pos ti: triste, alegre, seria, sospeitosa, indiferente? ¿Por que? Fai un cartel e xustifica o teu xesto e o teu rostro.

– Ou asustarnos un pouco co lema anunciado: Por exemplo, algúns, moitos, danlle volta a isto do cambio climático, tal como insiste o lema cunha frase que soa a batalla. ¿Perdida? ¿Gañada? ¿Estamos a tempo?

– Unha nación: Algo bo faría México para ter esta distinción, que ben merece, entre outras moitas máis, como o feito de iniciar fortemente a campaña dos sete mil millóns de árbores que se van plantar este ano.

1. LA NOTICIA

Unha data: 5 de xuño

A designación do 5 de xuño como Día Mundial do Medio foi realizada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972, en recordo do día que se inaugurou en Estocolmo a Conferencia sobre o Medio Humano. Nun amplo documento desenvólvense 26 principios nos que se proclaman o dereito e a responsabilidade das persoas e dos pobos a converterse en obra e artífices do medio que os rodea.

Lema e cartel: <O teu planeta necesítache. UNidos para Combater o Cambio Climático>

A leve grafía da UN como indicativo de que é un programa de Nacións Unidas. Todo iso vai ligado a un cartel que mostra tamén tres fotos sobre unha cabana de palla, unha especie de lagoa e nube con xente flotando nela, dous pingüíns sobre un iceberg, catro brazos entrelazados polas bonecas tendo no medio un mundo en vivo e rodando, como mostra dos 12 pasos que están xa en funcionamento para combater o cambio climático, e que poderás atopar nestes dous enlaces: pasos e índice.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies