4. ACTIVIDADES

Presentamos dúas variantes de actividades:

– Películas, que teñen como mensaxe a importancia da vida e a satisfacción cando se supera unha enfermidade ou, en todo caso, se acepta como integrante de idéaas de vida e a súa esperanza de permanencia.

– Bibliografía complementaria para estudar ou seguir as súas activiades nun priyecto de saúde para a escola.

A) TÉCNICA : AUDIOVISUAIS

A pantalla de cinema preséntanos en imaxes a mellor definición da saúde.

Seleccionamos 5 películas que falan da saúde como unha loita polo amor e a vida. Existen multitude de pantallas que recollen situacións de enfermidade, minusvalideces, problemas concretos de drogas, violencia, loucuras, depresións, suicidios, mesmo de gastronomías esaxeradas. Todo iso, naturalmente, vai contra a saúde e son obxecto de cinefórum para especialistas. Pero aquí limitámonos a aquelas producións onde a ansia de vivir define seguramente o contido profundo do que é o estado de benestar. Saúde, diñeiro e amor, di o proverbio; pero abonda con dúas palabras: non hai diñeiro para pagar as ganas de vivir destes protagonistas.

GUÍA de Cineforum: As referencias e enlace que presentamos a Wikipedia axudan a que profesores e alumnos poidan discutir non só sobre a calidade dos films senón tamén sobre o obxectivo que nos propuxemos: ¿A saúde é vida? ¿Vale a pena loitar por ela?

A.1 ¡QUÉ BELLO ES VIVIR! (It’s A Wonderful Life). Frank Capra. EE.UU. 1946. 130 minutos. Drama. 5 nominacións as Oscar: mellor película, director, actor, montaje y sonido.

Argumento: Véspera de Nadal. George Bailey está cheo de problemas. É un bo home, creou un banco para axudar á xente, pero chega un momento que non pode facer fronte aos pagamentos. O perverso señor Potter alégrase da súa situación. Desesperado Bailey decide botarse dende unha ponte. Pero aparece Clarence, un anxo que ten con el e lle ofrece a oportunidade de gañar as súas ás. Farao mostrando a Bailey como sería a vida da súa familia e amigos se el non existise.

A.2 EL PACIENTE INGLÉS, (The English Patient), Anthony Mynguella, EE.UU., 1996. 162 minutos. Drama romántico. Gañadora de 9 Oscar a película, director, actriz secundaria (Juliette Binoche), banda sonora, montaxe, fotografía, guión adaptado, dirección artística, son e 12 nominacións.

Argumento: Finais da Segunda Guerra Mundial. Un home ferido viaxa nunha caravana por unha estrada de Italia, pero o seu estado é tan grave que ten que quedar nun semidestruído mosteiro deshabitado, atendido unicamente por

Hana, unha enfermeira canadense. O seu corpo está totalmente queimado a consecuencia dun accidente sufrido en África, pero aínda ten tempo para contarlle a tráxica historia da súa vida, cando traballou como espía alemán.

A.3 MI VIDA SIN MÍ (My life without me), Isabel Coixet, España-Canadá, 2002. 100 minutos. Drama.

Argumento: Ann ten 23 anos e vive xunto ao seu marido e ás súas dúas fillas nunha caravana nun suburbio de Vancouver. A súa vida dá un xiro radical cando o seu médico lle informa que só lle quedan poucos meses de vida. Decide levalo en total secreto. Dende ese momento fai unha reflexión das cousas que lle gustaría facer antes de morrer e intentará vivir o que lle queda coa maior paixón posible. Desta forma logrará desenvolver un amor pola vida que nunca experimentara.

A.4 PLANTA 4ª, Antonio Mercero. España, 2003. 100 minutos. Drama.

Argumento: Un grupo de rapaces duns quince anos comparten unha zona moi peculiar: a planta de traumatoloxía dun hospital. Miguel Ángel, Izan, Dani e Jorge logran co seu entusiasmo desafiar o destino e facer soportable a súa estanza no centro. A vida continúa nese escenario rexido por homes e mulleres de bata branca.

A.5 CAMINO,Javier Fesser. España, 2008. 143 minutos. Drama. Gañadora de 6 premios Goya incluíndo mellor película, mellor guión e mellor director

Argumento: Inspirada nun feito real, nárrase a aventura emocional en torno a unha cegadora nena de once anos que se enfronta ao mesmo tempo a dous

acontecementos que lle resultan novos: namorarse e morrer. Pasa os seus últimos momentos no cuarto dun hospital. Rodeada de familiares, amigos, sacerdotes e un número inusitado de persoal clínico, dá a todos un case sobrenatural exemplo de morte serena e feliz.

*** A selección de películas foi realizada por Carmen Pereira, especialista en Cine e Valores, profesora da Universidade de Vigo, Campus de Ourense.

B) TÉCNICA: BIBLIOGRAFÍA

– B.1. COSTA, M. / LÓPEZ, E. Educación para la salud. Guía práctica para promover estilos de vida saludables (Profesores y Tutores) Ed. Pirámide 2008.

Responsabilidade social e irresponsabilidade dos individuos. Circunstancias que condicionan a vida e a conduta. A influencia das actitudes. Principios estratéxicos na educación para a saúde. Os métodos e procedementos.

Guías prácticas de educación para a saúde.

– B.2 ORTIGOSA, J. / QUILES, Mª / MÉNDEZ, F. Manual de psicología de la salud con niños, adolescentes y familia (Profesor, Psicólogos y tutores) Ed. Pirámide 2003. Saúde e enfermidade na infancia. Estrés e saúde. Adherencia ao tratamento. A comunicación en psicoloxía infantil para a saúde. A obesidade infantil. Trastornos alimentarios: anorexia e bulimia. Diabete. Asma bronquial. Cancro infantil – adolescente. Maltrato. Minusvalidez. Drogas. Sida. Actividade física en nenos e adolescentes.

– B.3 ESEVERRI, C. y otros. Educar para la salud: drogodependencias. Ed. CCS 1999. Sida. Drogas. Alcoholismo. Tabaco. Xogos patolóxicos. Os movementos asociativos para a prevención e terapias.

– B.4 PARKER, St. O corpo humano. Unha viaxe emocionante por… Ed. Bruno 2008. Unha guía despregable con gráficos en relevo e tres dimensións, como base do corpo san e situación de posibles problemas: o corpo, o esqueleto, o cerebro músculos, a circulación, a respiración, a dixestión, as hormonas, ollos e oídos, boca e nariz, pel, uñas e pelo, reprodución, o crecemento

– B.5 NOLLA, A., y otras. La salud (para 5 años). Unha visión con fotos e poucas letras para determinar os 10 puntos clave da saúde no neno pequeno. Corpo limpo: ducharse e vestirse. A cara, os ollos, as orellas. Lavarse as mans, ir ao lavabo. Unha dieta equilibrada. A mesa e hixiene da boca. Protexerse do sol. A postura, deporte e exercicio. O descanso. Estar enfermo: rir e divertirse, neno san.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies