INTRODUCIÓN

A pantalla preséntanos en imaxes, talvez unha das mellores definicións do que entendemos por saúde. Soamente cando está a punto de perderse a vida por causa dunha enfermidade, xorde entón o sentimento do valor que ten a saúde. Este é, polo tanto, o marco no que se desenvolve esta Unidade, despois de estudar as dúas anteriores: A saúde, valor cidadán / Un proxecto de saúde na escola. Non se trata de apreciar, sen máis, o valor da saúde. Está en xogo a nosa propia vida e a dos demais, e só se vive unha vez.

Se conseguimos que a pantalla nos abra os ollos e reforce de luz nosas ganas de vivir, entenderemos mellor o proxecto de saúde que o Ministerio de Educación nos propón para a escola.

1. NOTICIA

O Ministerio de Educación, Política Social y Deporte (MEPSID) e o Ministerio de Sanidad y Consumo (PES) publicaron no 2008 un amplo e detallado documento que serve de guía e referencia para a promoción e a educación da saúde na escola.

Por <promoción e educación> enténdese non só a información, senón tamén o desenvolvemento de habilidades que impliquen os alumnos, individualmente ou en grupo, na análise e aplicación de solucións concretas nos principais temas de saúde que poden desenvolverse na escola e que se presentan en cinco grandes apartados:

1.1 Actividade física e alimentación saudable

Ao longo dos últimos 15 anos aumentou a obesidade infantil, coincidindo cun empeoramento dos hábitos alimenticios dos nenos e novos europeos, cun maior consumo de refrescos e a evitación de froitas e verduras, ademais de manter unha actividade física insuficiente.

1.2 Benestar e saúde emocional

Cada vez son máis os nenos que presentan na consulta médica un cadro de maltrato no colexio, violencia, burlas, insultos, ameazas e agresións físicas, que se producen no recreo ou mesmo dentro da aula, o cal induce ás veces a situacións de ansiedade, depresión e intentos de suicidio.

1.3 Alcohol, tabaco e outras drogas

Os datos do 2006 melloraron un pouco sobre os do ano 2004, pero resultan

inaceptables: o consumo de cannabis (36,2%) dos que o probaron algunha vez;

cocaína (2,2%); éxtase (3,3%). O alcohol, droga máis aceptada socialmente;

e o uso do tabaco en idades máis temperás.

1.4 Educación afectivo-sexual

A información afectivo-sexual baséase fundamentalmente en conversacións cos seus iguais e no que len nas revistas ou ven na televisión, que transmiten experiencias e crenzas, acertadas ou erróneas. En todo o mundo, a metade da poboación de 16 anos é sexualmente activa e necesita información sobre métodos anticonceptivos.

1.5 Seguridade e prevención de riscos

As principais causas de mortalidade infantil (0-14 años) por lesións non intencionadas en España: accidentes de tráfico (48%), outras lesións non intencionais, caídas, queimaduras (21%), afogamentos (13%).A evidencia indica que a actual educación vial non logrou reducir a probabilidade de sufrir accidentes.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies