4. ACTIVIDADES

As Actividades pódense centrar nos seguintes 4 campos:

– Elixir algún dos 12 temas propostos na Discusión dirixida e facer un debate sobre os seus diversos aspectos, buscando tamén as pautas de actuación que deban poñerse en práctica.

– Facer unha reflexión social da necesidade urxente de saúde, partindo, por exemplo, do artigo sobre os 10 datos de saúde dos nenos en países pobres. Isto levaranos a non pensar soamente na nosa saúde senón a entender o seu valor e compromiso social para con todos os demais, especialmente cos máis necesitados.

– Promover algunha idea concreta que logre na nosa escola un proxecto particular dunha atención especial á saúde, seguindo como referencia as REEPS.

A) TÉCNICA: DISCUSIÓN DIRIXIDA

No Suplemento La Voz de la Escuela estudáronse varias veces, e en

profundidade, diversos temas que teñen unha relación directa coa saúde.

Sinalamos algúns que a orientadora educativa Ana Torres Jack publicou estes dous últimos anos:

– Os perigos de non comer: riscos de anorexia e bulimia: 17/01/2007

– A fraquiña da primeira fila: 24/01/2007

– Adelgazar ata morrer: 31/01/2007

– Eu paso e ti agrides: as persoas agresivas: 21/03/2007

– Padre e fillos do mesmo pau: 18/04/2007

– Alcohol, xuventude e mais velocidade, unha fórmula mortal: 17/10/2007

– Beberse a vida dun sorbo: 24/10/2007

– Os primeiros auxilios no colexio: epilexia, alerxia, diabete: 07/11/2007

– O botellón, un problema que quita o sono a moitos: 14/11/07

– Comer e vivir mellor: 21/11/2007

– Empeza o ano en boa forma, móvete: 09/01/2008

– Non te enfades, rite: 21/01/2009

Pódelos atopar aquí.

Actividades

A1. Seleccionade no Buscador un tema que vos interese desta lista.

A2. Lédeo en subgrupos de 2-3, segundo as vosas posibilidades en clase.

A3. Cada subgrupo estuda un pouco máis a fondo un dos apartados nos que se divide o estudo e o explica a todos os demais.

A4. Os outros subgrupos atenden e fan preguntas ao subgrupo sobre o apartado que estudou máis a fondo.

A5. O mesmo se procede cos demais subgrupos: explican o seu e fánselle preguntas.

A6. Comeza entón o debate entre todos os subgrupos, dirixido polo profesor, manifestando, en primeiro lugar, as vosas ideas e sentimentos que se vos ocorren sobre o que alí se di.

B) TÉCNICA: INFORMACIÓN

10 datos de saúde do neno

O profesor presenta, explica e motiva a frase central: <Cada ano morren preto de 10 millóns de menores de cinco anos (máis de 1.000 cada hora), pero a maioría deles poderían sobrevivir e crecer se tivesen acceso a intervencións simples e de baixo custo>, logo procede á información, cun reforzo visual das fotos que presenta o texto orixinal.

– O risco de morte é máis elevado no primeiro mes de vida. A maioría das mortes infantís son debidas a (segue)

– Cada ano morren aproximadamente 4 millóns de nenos antes de cumprir un mes, por falta de atención inmediata (segue)

– A pneumonía é a principal causa de morte en menores de cinco anos. Dos 154 millóns de casos que se producen cada ano (segue)

– As enfermidades diarreicas son unha das principais causas de enfermidade e morte en nenos (segue)

– Cada 30 segundos morre un neno africano debido ao paludismo, que é a principal causa de morte de menores de cinco anos (segue)

– Máis do 90% dos nenos infectados polo VIH adquiren a infección por transmisión materno-infantil e se calcula que hai 2,3 millóns (segue)

– En todo o mundo hai preto de 20 millóns de menores de cinco anos con malnutrición grave, que os fai máis vulnerables (segue)

– A taxa de supervivencia infantil presenta grandes variacións xeográficas. Tres cuartas partes das mortes infantís rexístranse en África e Asia Sudoriental (segue)

– A saúde infantil está a mellorar, pero aínda quedan grandes obstáculos para alcanzar o obxectivo de reducir a mortalidade mundial (segue)

– A meta número 5 do Desenvolvemento do Milenio (ODM):<Reducir en dúas terceiras partes, entre 1990 e 2015, a mortalidade dos nenos menores de cinco anos>.

A actividade podería centrarse na presentación gráfica en Power Point das fotos e resumo de textos presentados aquí.

C) TÉCNICA: PROMOCIÓN DE IDEAS

Un exemplo a seguir e que nos pode ser útil para facer promoción do noso propio proxecto de saúde na escola é coñecer máis a fondo os obxectivos das Escolas REEPS, que serviu de noticia para esta Unidade sobre a promoción da saúde no noso programa escolar.

– As Escolas REEPS buscan favorecer modos de vida sans e ofrecer ao alumnado e ao profesorado opcións, á vez realistas e atractivas, en materia de saúde.

– Definir obxectivos claros de promoción da saúde e de seguridade para o conxunto da comunidade escolar.

– Ofrecer un marco de traballo e de estudo dirixido á promoción da saúde, onde se teñan en conta as condicións do edificio escolar, os espazos deportivos e de recreo, os comedores escolares, os aspectos de seguridade dos accesos, e outros.

– E especialmente desenvolvendo o sentido de responsabilidade individual, familiar e social de toda a comunidade educativa en relación coa saúde.

– Integrar de forma coherente a Educación para a Saúde no Proxecto Curricular, utilizando metodoloxías que fomenten a participación do alumnado no proceso educativo, xerando cambios que condicione a súa vida (OMS, 1997).

– En España, que se adheriu ao proxecto REEPS en 1993, estas escolas son competencia das Comunidades Autónomas en coordinación co Centro de Investigación e Documentación Educativa (CIDE) e coa Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo.

A actividade que podemos poñer en práctica consiste en poñernos en contacto con esta organización na dirección indicada en Recursos e formular un particular proxecto de saúde na nosa escola, segundo as nosas posibilidades.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies