INTRODUCIÓN
A saúde é un compromiso social. Cando alguén enferma, todos enferman un pouco, ou un moito, non só por un contaxio posible, senón polo gasto social que produce, a inseguridade que xera e, en moitos casos, pola falta de responsabilidade, degradando algo, ti mesmo, que deberas manterte en pé en favor dos que están ao teu lado.
– ¿Somos dos que nos estragamos, talvez conscientemente, ou dos que non teñen medios para alcanzar nunca a saúde e benestar necesario?
– ¿Como pode facerse na escola unha eficaz promoción de saúde, de tal maneira que procuremos non soamente a saúde propia senón de que poñamos os medios e axudas necesarias para facer da saúde un valor compartido entre todos?
1. A NOTICIA
Unha idea sobre a promoción social da saúde é a Rede Europea de Escolas Promotoras de Saúde ten como principal obxectivo conseguir unha escola saudable que facilite a adopción por toda a comunidade educativa de modos de vida sans.
O Proxecto da Rede Europea de Escolas Promotoras de Saúde (REEPS: European Network of Health Promoting Schools) está apoiado dende 1992, pola Comisión Europea (CE), o Consello de Europa e a Oficina Rexional para Europa de la Organización Mundial de la Salud (OMS).
Pertencen a esta rede máis de 40 países que están integrados na OMS e teñen como obxectivo establecer a educación e promoción da saúde mediante o compromiso voluntario das diversas comunidades educativas que queren adoptar o seu programa, desenvolvendo nos alumnos, profesorado e dirección un estilo de vida en consonancia cun ámbito físico e psicosocial saudable e seguro.
A idea destas escolas tivo a súa orixe na resolución do Consello de Ministros da Comunidade Europea (23 de novembro de 1988) sobre a introdución da educación para a saúde nas escolas, e nas conclusións da Conferencia de Dublín da CEE (7-11 de febreiro de 1990) e consolídase partindo das recomendacións da Conferencia sobre Promoción e Educación para a Saúde (Estrasburgo, 20-22 de setembro de 1990).