5. METODOLOXÍA
– Aínda que todo depende da preferencia dos profesores, que é o máis importante xa que coñecen moi ben a situación dos seus alumnos, pode comezarse, por exemplo, coa presentación do Calendario, que en certo modo pode resultar impactante e xerar, polo menos, certa curiosidade sobre o número e descrición dalgunhas enfermidades.
– Seguir despois, talvez, coa Discusión dirixida sobre os coñecementos previos e actitudes que os alumnos poidan ter ante a saúde.
– Centrarse na busca de noticias sobre os 7 puntos de saúde adolescente propostos pola OMS, buscando a reacción dos alumnos e a súa actitude e conduta práctica que se comprometan a observar.
– Quizais despois pode vir o resumo da Enquisa do Ministerio de Saúde e Consumo e a súa comparación realista cos resultados obtidos en clase.
– E, finalmente, se procede segundo a actualidade da data, acabando co lema do Día Internacional da Saúde, facendo en tres subgrupos un portal-anuncio sobre a súa importancia e datos de actualidade.