4. ACTIVIDADES
Para o logro dos 4 obxectivos propostos, propoñemos 5 tipos de actividades:
-Discusión dirixida sobre o coñecemento previo e actitudes que os alumnos teñen sobre o valor da saúde.
-Información sobre o calendario dos días internacionais e mundiais sobre a saúde.
-Casos / noticia sobre os 7 puntos clave de saúde proposto pola OMS.
-Enquisa do Ministerio de Sanidade e Consumo sobre a saúde dos adolescentes e a súa aplicación real ao noso ámbito escolar.
A) TÉCNICA: DISCUSIÓN DIRIXIDA
¿Que é a saúde? ¿É a saúde un valor? ¿Que actitudes e comportamentos prácticos temos ante a saúde?
Para desenvolver estes aspectos propoñemos dous pequenos documentos que o condutor da DD pode utilizar no debate do grupo.
-Na Constitución de 1946 da Organización Mundial da Saúde, a saúde é definida como %u201Co estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermedades%u201D.
-Tamén pode definirse, talvez con palabras menos comprensibles, como o nivel de eficacia funcional ou metabólica dun organismo tanto a nivel micro-celular como no macro-social.
-En 1992 un investigador agregou á definición da OMS: %u201Ce en harmonía co ambiente%u201D, ampliando así o concepto do que entendemos por saúde.
-¿Como a definirías ti? ¿Que diferenza hai entre sentirche san ou enfermo?
Le este artigo e ofrece un resumo ao grupo para seguir a discusión cun
maior coñecemento do tema.
Tres frases/ tres actitudes
Os obsesivos. Todo lles preocupa e buscan remedios por tódalas partes,
len canto lles vén a man, mesmo a letra pequeñísima das pastillas
para un pequeno catarro:
<Teña coidado coa lectura obsesiva de libros sobre a saúde: podería morrer dunha errata de imprenta> (Mc. Twain, escritor estadounidense,1835-1910).
Os inxenuos. Din que nada lles preocupa e non entenden por que a xente se queixa, mesmo pasan ou toman broma aos que están enfermos, ata que lles chega a eles también:
<O sentimento da saúde adquírese soamente mediante a enfermidade> (G.Lichtenberg, científico alemán, 1742-1799).
Os realistas. Entenden que o corpo é unha especie de máquina, e que todos fallamos. Por iso é necesario manterse nese benestar físico, mental e social, ata que sexa posible:
<Mente sa en corpo sano> (D. Juvenal, poeta latino, 60-129 despois de Cristo).
Preguntas. ¿Onde te atopas: obsesivo / inxenuo / realista? Describe a cada unha destas persoas e por que reaccionaremos de forma diferente ante calquera molestia.
B) TÉCNICA: INFORMACIÓN
Días internacionais e mundiais da saúde
Recollemos para todos -obsesivos, inxenuos, realistas¬ unha lista,
talvez incompleta, de días internacionais, mundiais, europeos, nacionais
que nos recordan catro obxectivos:
– a loita por buscar solución a cada unha destas enfermidades
– os avances que se lograron para a súa terapia
– manter a suficiente alerta para xerar en todos unha actitude de vida sa
en defensa da saúde.
– e dar relevo á preocupación que sente a sociedade ante a falta deste
valor cidadán.
XANEIRO
13. Día da Loita contra a Depresión
30. Día Mundial da Lepra
FEBREIRO
4. Día Mundial contra o Cancro
11. Día Mundial do Enfermo
14. Día Europeo da Saúde Sexual
15. Día Internacional do Neno con Cancro
28. Día Mundial das Enfermidades Raras
MARZO
9. Día da Enfermidade Renal en España.
12. Día Mundial do Glaucoma
14. Día Europeo sobre o Risco Cardiovascular
24. Día Mundial da Tuberculose
31. Día Mundial do Cancro de Colon
ABRIL
2. Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
7. Día Mundial da Saúde
11. Día Mundial do Párkinson
16. Día Mundial da Voz
17. Día Mundial da Hemofilia
19. Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes
24. Día Nacional da Fibrose Quística
25. Día Mundial do Paludismo
28. Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo
MAIO
Primeiro martes: Día Mundial da Asma
10. Día Mundial do Lupus
12. Día Mundial da Fibromialxia e a Fatiga Crónica
14. Día Mundial da Hipertensión
19. Día Mundial da Hepatite C
24. Día Nacional da Epilexia
28. Día Nacional da Nutrición
30. Día Nacional da Doazón de Órganos
31. Día Mundial sen Tabaco
XUÑO
4. Día Europeo do Melanoma
6. Día Mundial dos Transplantados
13. Día Europeo da Prevención do Cancro de pel
14. Día Mundial do Doante do Sangue
21. Día Mundial contra a Esclerose – ELA
26. Día Internacional contra a Droga
AGOSTO
1-7. Semana Mundial da Lactancia Materna
SETEMBRO
10. Día Mundial para a Prevención do Suicidio
15. Día Europeo da Saúde Prostática
16. Día Mundial do Linfoma
21. Día Mundial do Alzhéimer
26. Día Mundial da Anticoncepción
28. Día Mundial do Corazón / Día Mundial da Rabia
29. Día Internacional das Persoas Xordas
OUTUBRO
1. Día Internacional da Hepatite C
8. Día Mundial da Visión
5-6: Día Europeo da Depresión
10. Día Mundial da Saúde Mental
16. Día Mundial da Alimentación
17. Día Mundial contra a Dor
18. Día Mundial da Menopausia
19. Día Mundial contra o Cancro de Mama
20. Día Mundial da Osteoporose
26. Día Nacional do Ictus
29. Día Mundial da Psoriase
NOVEMBRO
14. Día Mundial da Diabete
14. Día Mundial da Enfermidade Pulmonar – EPOC
16. Día Nacional da Persoa Obesa
18. Día Internacional do Uso Prudente de Antibióticos
20. Día Internacional do Neno
21. Día Nacional da Espiña Bífida
DECEMBRO
1. Día Mundial do Sida
3. Día Internacional das Persoas con Discapacidade
18. Día Nacional da Esclerose Múltiple
21. Día Nacional do Neno con Cancro
C. TÉCNICA: CASOS
A actividade de Casos consiste en buscar noticias no xornal que correspondan a estes 7 puntos indicados no texto da OMS, e facer con esas noticias un cadro gráfico de exposición en clase.
A saúde dos adolescentes
A Organización Mundial da Saúde (OMS), preocupada pola importancia
que ten a educación da saúde dende a idade escolar, editou un detallado
informe para lograr non só unha prevención de enfermidades e un enorme
aforro nos gastos sanitarios senón, sobre todo, na creación de actitudes
cara a unha vida sa dos nenos e adolescentes.
Os 7 puntos
A saúde mental dos adolescentes / O consumo de substancias ilícitas, do tabaco e do alcohol / Os programas para a prevención da violencia / Os traumatismos involuntarios e accidentes / A nutrición / A saúde sexual e reprodutiva / A infección do VIH / ocupan os sete puntos principais que deben ocupar con urxencia unha educación para a saúde na escola.
Podes consultalos aquí.
D. TÉCNICA: ENQUISA
A enquisa do MSC
Finalmente, outro indicador da importancia que lle dá a sociedade á saúde é a atención especial que é necesario dar ante os resultados da Enquisa que o Ministerio de Sanidade e Consumo de España realizou entre os adolescentes españois e a súa saúde sobre os seguintes temas: Alimentación e dieta / Actividade física e a súa relación coa saúde / Condutas de risco: sustancias, saúde sexual / Violencia e accidentes / Familia e saúde / Amigos, grupos, condutas sobre saúde / Contorna escolar: ambiente psicosocial / Contexto físico e social barrio / Axuste psicolóxico dos adolescentes: madurez, autopercepción da saúde, autoconcepto, satisfacción vital.
* A actividade consiste en que o profesor presente un resumo da enquisa e verifique con preguntas persoais por escrito anónimo, ou como o xulgue máis discreto, ata que punto coinciden os datos na súa clase cos que ofrece a presente enquisa. Despois presenta os resultados comparativos e dialógase cos alumnos sobre eles.