2. OBXECTIVOS
- Que os alumnos sexan capaces de analizar e valorar o esforzo que a sociedade fai para que sexamos conscientes da importancia que a saúde ten na vida dos cidadáns.
- Que sexan conscientes tamén dos diversos riscos e enfermidades que existen e que supoñen un enorme gasto nos presupostos da Administración pública e dos cidadáns.
- Que, en consecuencia, organicen a súa vida en consonancia cunha programación sa e evitación de todo aquilo que pode ir contra a súa saúde e a das demais persoas.
- E que, finalmente, demostren coa súa actitude e comportamentos externos que a saúde é un valor cidadán que é necesario respectar e promover na nosa vida.