INTRODUCIÓN

¿Cales son os indicadores da importancia que a sociedade dá á educación da saúde? Podemos buscar algúns testemuños que xustifican e describen a importancia da saúde como valor cidadán.

-O Día Mundial da Saúde, que se vén celebrando o 7 de abril dende 1950 e cun lema e obxectivo especial para cada ano.

-O calendario dos días especiais dedicados á información sobre algunhas enfermidades e promoción da saúde nos cidadáns.

-Os documentos que a OMS dedica con especial atención á prevención de enfermidades e coidado da saúde nos adolescentes.

-A actualización constante de datos que o Ministerio da Saúde e Consumo ofrece aos pais e profesores para unha maior atención dos seus fillos e alumnos na familia e na escola.

1. A NOTICIA

Centramos a noticia na actualidade máis próxima: a celebración neste mes de abril do Día Mundial da Saúde e que, ao mesmo tempo, serve como primeiro indicador que a sociedade tributa á saúde dos seus cidadáns, escollendo para cada ano aquel tema que ten unha relevancia especial nese momento.

O pasado 7 de abril do 2009 o tema foi: <Para salvar vidas: hospitais seguros nas situacións de emerxencia>.

En anos anteriores: saúde e cambio climático / seguridade sanitaria internacional / colaboración persoal pola saúde dos demais / a importancia de cada nai e cada neno / a seguridade vial / prevención para o futuro, e outros, como podes ver aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies